No marco da 70 edición da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, o 25 de setembro de2015, apróbase a Axenda 2030 para o Desenvolvemento sostible, texto no que seestablecen 17 Obxectivos a alcanzar (ODS) e 169 metas dentro deses obxectivos e que resultan vinculantes para 193 países.

A propia declaración da Axenda establece que "«estes obxectivos e metas son universais e afectan ao mundo enteiro, tanto aos países desenvolvidos como aos países en desenvolvemento, son de carácter integrado e indivisible e conxugan as tres dimensións (social, económica e medioambiental) do desenvolvemento sostible".

Todos os Obxectivos de Desenvolvemento sostible xiran en torno a 5 grandes eixos: as persoas, o planeta, a prosperidade, a paz e as alianzas. Á vez, contan cun elemento transversal articulador e irrenunciable: non deixar a ninguén atrás.

Dende a Fundación Amancio Ortega asumimos a nosa parte do reto e estamos comprometidos coa implantación da Axenda 2030 no noso país. Pódese consultar información máis detallada nas seccións de cada un dos nosos proxectos.

ODS: 01
ODS: 02
ODS: 03
ODS: 04
ODS: 05
ODS: 06
ODS: 07
ODS: 08
ODS: 09
ODS: 10
ODS: 11
ODS: 12
ODS: 13
ODS: 14
ODS: 15
ODS: 16
ODS: 17