Investimento por áreas | 0 | 25% | 50% | 75% | 100% |
Área educativa | |||||
Área social |
A través dos proxectos de xestión propia da Fundación Amancio Ortega, as actividades están dirixidas a máis de dez mil usuarios directos:
- Programa de Bolsas en USA e en Canadá
- Programa Inspiratics para a Innovación Educativa
- Máster MPXA
As accións da Fundación Amancio Ortega na área social se executan a través de proxectos de colaboración con outras entidades de referencia na atención social (institucións públicas e privadas).
A través desta colaboración, as accións da Fundación Amancio Ortega benefician a preto de cincocentos mil usuarios directos das diferentes institucións:
- Centros de Atención Integral a Persoas Maiores
- Equipamento Oncolóxico para o Sistema Público de Saúde de España
- Escolas Infantís de Galicia
- Centros de día, residenciais e asistenciais
- Axuda social
Executada
2014-2018
|
Comprometida
2019-2023
|
|
Inversión social en proxectos propios e financiamento a outras institucións | 202,6 | 402,2 |
Área educativa | 41,7 | 65,8 |
Área social | 160,8 | 336,5 |
Gastos de estrutura | 1,1 | 1,3 |
Total | 203,7 | 403,5 |
Investimento social por áreas (en millóns de euros) | 0 | 50 | 100 | 150 | 200 | 250 | 300 | 350 |
Área educativa (2014-2018) | ||||||||
Área educativa (2019-2023) | ||||||||
Área social (2014-2018) | ||||||||
Área social (2019-2023) |
2018
|
2014-2018
|
|
Achegas do fundador | 78,7 | 206,8 |
Ingresos financeiros | 0,1 | 1,8 |
Tipo de ingreso | 0 | 25% | 50% | 75% | 100% |
Achegas do fundador (2018) | |||||
Ingresos financeiros (2018) | |||||
Achegas do fundador (2014-2018) | |||||
Ingresos financeiros (2014-2018) |
Contas anuais


e nivel de risco
Con data 12 de xuño de 2012 o Padroado da Fundación aprobou a modificación do Código de Conduta dos investimentos financeiros da Fundación, vixente desde 30 de xuño de 2004. Dito código rexe os criterios de investimento e os límites máximos permitidos nos investimentos, así como o tipo de produtos e divisas permitidos nos citados investimentos.
A xestión dos riscos financeiros da Fundación está centralizada nun membro do Padroado responsable dos investimentos financeiras da Fundación. Dito responsable é designado por un período de tres anos e entre as súas responsabilidades encóntranse a supervisión e selección dos investimentos así como do bo cumprimento do Código de Conduta.
Con carácter xeral a Fundación mantén a súa tesouraría e activos líquidos equivalentes, así como investimentos financeiros a longo e curto prazo en entidades financeiras de elevado nivel crediticio.
O Código de Conduta establece limitacións en canto á cualificación do risco crediticio, limitando os investimentos a aqueles con emisores pertencentes a países da O.C.D.E. e cunha cualificación de risco de crédito nunca inferior a BBB- o Baa3, agás emisións do Estado español, que poderán ser contratadas en todo caso.
Co fin de asegurar a liquidez e poder atender todos os compromisos de pagamento que se derivan da súa actividade, a Fundación mantén en todo momento un coeficiente de liquidez, en contas correntes ou depósitos á vista, por un importe equivalente ao 0,5% do total dos investimentos financeiros.
O Código de Conduta establece que todos os produtos financeiros contratados pola Fundación estarán denominados en euros.
e ingresos obtidos
Os ingresos obtidos con orixe nos instrumentos financeiros propiedade da Fundación, de entre os cales destacan especialmente as imposicións a prazo fixo, xeran menos dun 10% do total dos ingresos.
Peso relativo por tipoloxía de activo financeiro
A metodoloxía empregada por parte da Fundación Amancio Ortega para presentar a información sobre as súas actividades asegura que os datos presentados son veraces e mostran unha información actualizada e completa. Dita metodoloxía está baseada nos seguintes principios básicos:
- Contidos accesibles e visuais.
- Información actualizada e íntegra.
- Contido presentado atendendo á súa relevancia.
- Información veraz.
Dita información, é elaborada de acordo co marco normativo de información financeira aplicable á Fundación Amancio Ortega, o cal se establece en:
- O Código de Comercio e a restante lexislación mercantil.
- O Plan Xeral de Contabilidade e, en particular, as Normas de Adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás Entidades Sen Fins Lucrativos e o Modelo de Plan de Actuación destas Entidades.
- Lei 12/2006, de 1 de decembro, de fundacións de interese galego e desenvolvemento normativo contido no Decreto 14/2009, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, así como, en determinados preceptos, Lei 50/2002, de 26 de decembro, de Fundacións, desenvolvida polo Real Decreto 1337/2005, de 11 de novembro, polo que se aproba el Regulamento de fundacións de competencia estatal.
- Resto da normativa contable e fiscal española que resulte de aplicación.