Institución. Goberno e información económica

A Fundación en Cifras

Inversión en proxectos 2025
en millóns de euros
Inversión social en proxectos propios e financiamento a outras institucións
98,8
Educación
12,5
Benestar social
86,3
Gastos de estrutura
0,85
Total
99,6
Investimento por áreas 0% 25% 50% 75% 100%
Educación
Benestar social
Educación

A Fundación impulsa proxectos educativos orientados a promover o desenvolvemento persoal dos seus participantes e a xerar un impacto positivo na sociedade. Neste ámbito, destacan actualmente tres iniciativas: o Programa de Becas, dirixido a estudantes de cuarto da ESO do sistema educativo español que desexan cursar primeiro de bacharelato en Estados Unidos ou Canadá; o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual, orientado a titulados en Comunicación e Produción Audiovisual; e o proxecto Impulsa, centrado en favorecer unha educación de calidade, inclusiva e socialmente equitativa, co obxectivo de previr o abandono escolar.

Benestar social

A Fundación colabora activamente coas administración públicas e con entidades do terceiro sector para reforzar os recursos de infraestruturas sociosanitarias e asistenciais, promover a investigación e os servizos de benestar social. Entre as principais iniciativas en marcha, destacan os Programas de Implantación da Protonterapia nos Sistemas Nacionais de Saúde de España e Portugal; a construción do primeiro Centro de Atención Integral de Coidados Paliativos Pediátricos en Madrid; o Centro de Rehabilitación Neurolóxica NIPACE en Guadalaxara; o centro residencial da asociación ASPANANE en Xove (Viveiro, Lugo); e o Centro ÚNICAS do Hospital Sant Joan de Déu en Barcelona. Ademais, durante o exercicio 2025, a Fundación mantivo a súa colaboración con grandes entidades do terceiro sector, entre as que destaca o programa Voces en Rede, desenvolvido xunto a Cruz Vermella Española.

Inversión social executada e comprometida
en millóns de euros
Executada
2021-2025
Comprometida
2026-2030
Inversión social en proxectos propios e financiamento a outras institucións 512 511
Educación 47 12
Benestar social 464 499
Gastos de estrutura 2,5 0
Total 514 511

(*) Na inversión comprometida pola Fundación para o período 2026-2030, recóllense as cantidades pendentes de executar e que están destinadas aos proxectos en curso, entre os que se inclúen a construción do Centro ÚNICAS do Hospital Sant Joan de Déu en Barcelona, do Centro de Atención Integral de Coidados Paliativos Pediátricos e dos Centros de Atención Integral a Persoas Maiores, así como os Programas de Implantación da Protonterapia nos Sistemas Nacionais de Saúde de España e Portugal.

Investimento social por áreas 0 25% 50% 75% 100%
Educación (2021-2025)
Educación (2026-2030)
Benestar social (2021-2025)
Benestar social (2026-2030)
Ingresos da fundación
en millóns de euros
2025
2021-2025
Aportacións do fundador 66 1021
Ingresos financeiros 17 27
83
1049
Tipo de ingreso 0% 25% 50% 75% 100%
Aportacións do fundador (2025)
Ingresos financeiros (2025)
Aportacións do fundador (2021-2025)
Ingresos financeiros (2021-2025)
Instrumentos financeiros
Información sobre natureza e nivel de risco

Con data 12 de xuño de 2012 o Padroado da Fundación aprobou a modificación do Código de Conduta dos investimentos financeiros da Fundación, vixente desde 30 de xuño de 2004. Dito código rexe os criterios de investimento e os límites máximos permitidos nos investimentos, así como o tipo de produtos e divisas permitidos nos citados investimentos.

A xestión dos riscos financeiros da Fundación está centralizada nun membro do Padroado responsable dos investimentos financeiras da Fundación. Dito responsable é designado por un período de tres anos e entre as súas responsabilidades encóntranse a supervisión e selección dos investimentos así como do bo cumprimento do Código de Conduta.

Con carácter xeral a Fundación mantén a súa tesouraría e activos líquidos equivalentes, así como investimentos financeiros a longo e curto prazo en entidades financeiras de elevado nivel crediticio.

O Código de Conduta establece limitacións en canto á cualificación do risco crediticio, limitando os investimentos a aqueles con emisores pertencentes a países da O.C.D.E. e cunha cualificación de risco de crédito nunca inferior a BBB- o Baa3, agás emisións do Estado español, que poderán ser contratadas en todo caso.

Co fin de asegurar a liquidez e poder atender todos os compromisos de pagamento que se derivan da súa actividade, a Fundación mantén en todo momento un coeficiente de liquidez, en contas correntes ou depósitos á vista, por un importe equivalente ao 0,5% do total dos investimentos financeiros.

O Código de Conduta establece que todos os produtos financeiros contratados pola Fundación estarán denominados en euros.

Tipoloxía de activos e ingresos obtidos

Os ingresos obtidos con orixe nos instrumentos financeiros propiedade da Fundación, de entre os cales destacan especialmente as imposicións a prazo fixo, xeran menos dun 10% do total dos ingresos.

Peso relativo por tipoloxía de activo financeiro

Exercicio
2024
TESOUREIRA
IMPOSICIÓNS A PRAZO FIXO
RENDA FIXA
Exercicio
2025
TESOUREIRA
IMPOSICIÓNS A PRAZO FIXO
RENDA FIXA
Bases de presentación

A metodoloxía empregada por parte da Fundación Amancio Ortega para presentar a información sobre as súas actividades asegura que os datos presentados son veraces e mostran unha información actualizada e completa. Dita metodoloxía está baseada nos seguintes principios básicos:

  • Contidos accesibles e visuais.
  • Información actualizada e íntegra.
  • Contido presentado atendendo á súa relevancia.
  • Información veraz.

Dita información, é elaborada de acordo co marco normativo de información financeira aplicable á Fundación Amancio Ortega, o cal se establece en:

  • O Código de Comercio e a restante lexislación mercantil.
  • O Plan Xeral de Contabilidade e, en particular, as Normas de Adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás Entidades Sen Fins Lucrativos e o Modelo de Plan de Actuación destas Entidades.
  • Lei 12/2006, de 1 de decembro, de fundacións de interese galego e desenvolvemento normativo contido no Decreto 14/2009, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, así como, en determinados preceptos, Lei 50/2002, de 26 de decembro, de Fundacións, desenvolvida polo Real Decreto 1337/2005, de 11 de novembro, polo que se aproba el Regulamento de fundacións de competencia estatal.
  • Resto da normativa contable e fiscal española que resulte de aplicación.