FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2023
Entidade beneficiaria
Cáritas
Cifra estimada de beneficiarios
15.000 persoas
Investimento total
15 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 07

Programa de axuda á vivenda en colaboración con Cáritas

Área social

En abril de 2023, a Fundación Amancio Ortega e Cáritas chegaron a un acordo para contribuír a mellorar a situación dunhas 15.000 persoas repartidas por todo o territorio nacional con dificultades de acceso á vivenda. A través dun convenio de colaboración, poñeranse en marcha actuacións para paliar os efectos desta problemática a través do proxecto “Unha vivenda, un fogar”

Cáritas e a Fundación Amancio Ortega axudarán as familias para que estas poidan afrontar o pagamento do alugueiro e das subministracións básicas como a electricidade, o gas ou o teléfono. Tamén entran dentro das actuacións previstas a intervención das condicións de habitabilidade das vivendas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Este proxecto conta cun orzamento aproximado de 15 millóns de euros que asumirá na súa totalidade a Fundación.