A Fundación Amancio Ortega, guiada pola experiencia e o desexo do seu fundador de contribuír á construción dunha sociedade mellor, traballa co interese de crear oportunidades en dous sectores clave para que as persoas desenvolvan unha vida de calidade: a Educación e a Asistencia Social.

No ámbito educativo, esta institución pon á disposición dos beneficiarios dos seus programas recursos que lles permiten crecer e enriquecer o seu contorno a través dunha formación completa.

Na área asistencial, a Fundación Amancio Ortega leva a cabo tanto accións de xestión propia como colaboracións con institucións que teñen consolidado o seu labor grazas á dedicación constante en beneficio das persoas e os contornos menos favorecidos.