
D. Amancio Ortega preside o padroado da fundación que leva o seu nome dende a súa constitución en 2001. Esta institución, creada pola súa iniciativa persoal, canaliza a súa inquedanza filantrópica e a da súa familia.
Nacido en 1936 no seo dunha familia traballadora, comezou a traballar no comercio téxtil a unha idade moi temperá. En 1963, puxo en marcha a súa primeira empresa de confección, xerme do grupo Inditex. Creador de Zara (1975) e presidente de Inditex ata 2011, segue a formar parte do seu consello de administración na actualidade. Por medio da sociedade Pontegadea, que preside, mantén unha posición maioritaria no accionariado de Inditex. Na súa xornada diaria simultanea o traballo en Inditex e a súa condición de conselleiro desta sociedade coas labores de primeiro executivo do Grupo Pontegadea e presidente da Fundación Amancio Ortega.

Dª Flora Pérez Marcote, esposa de D. Amancio Ortega, incorporouse ao Padroado da Fundación Amancio Ortega Gaona en marzo de 2003 y foi designada vicepresidenta no ano 2005.
Desenvolveu unha longa traxectoria profesional sempre no seo do Grupo Inditex, con responsabilidade en áreas relacionadas co deseño e a compra de produto, e conta con experiencia como administradora de sociedades dende o ano 1992. Dende 2005, é membro do consello de administración de Inditex como representante de Pontegadea, sociedade da que é vicepresidenta primeira.

D. José Arnau Sierra forma parte do Padroado da fundación Amancio Ortega dende a súa constitución en 2001.
É vicepresidente executivo do Grupo Pontegadea, vicepresidente de Inditex e membro de diferentes consellos de administración en representación de Pontegadea, así como patrón de varias fundacións. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Inspector de Facenda do Estado, ocupou diversos cargos na Administración Tributaria antes de incorporarse a Inditex en 1993 como director da Asesoría Fiscal. É o primeiro executivo de Pontegadea dende a súa constitución no ano 2001.

Dª Marta Ortega Pérez, filla de Amancio Ortega e Flora Pérez Marcote, é membro do padroado da Fundación Amancio Ortega dende 2015.
Iniciou a súa actividade profesional en Inditex no ano 2007, tras graduarse en Negocios internacionais pola Escola de Negocios Europea da Regent’s University de Londres. A súa primeira etapa en Inditex levouna a desempeñar labores profesionais en diferentes destinos internacionais e áreas de negocio do grupo. Na actualidade, a súa responsabilidade na empresa, ligada principalmente ao deseño e desenvolvemento de produto, ten lugar en Zara Woman.

D. Pablo Isla Álvarez de Tejera incorporouse ao padroado da Fundación Amancio Ortega en 2005, o mesmo ano no que foi nomeado vicepresidente e conselleiro delegado de Inditex. Dende 2011, é presidente desta sociedade, cargo no que substituíu a D. Amancio Ortega.
Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Avogado do Estado, entre 1992 e 1996 foi director dos Servizos Xurídicos do Banco Popular. Posteriormente, foi nomeado Director xeral de Patrimonio do Estado no Ministerio de Economía e Facenda. Dende xullo de 2000 ata 2005, foi presidente do grupo Altadis. Actualmente é conselleiro independente de Nestlé.

D. Roberto Cibeira incorporouse ao Padroado da Fundación Amancio Ortega en 2020.
Conselleiro delegado de Pontevedra, é licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e PDD polo IESE. Iniciou a súa carreira profesional en Arthur Andersen, foi director da súa oficina na Coruña e responsable de auditoría e consultoría para o sector financeiro e de asesoramento en instrumentos de débeda en mercados internacionais. É auditor membro do ROAC desde 2001. Incorporouse en 2003 a Pontegada como responsable de inversión inmobiliarias internacionais e de carácter financeiro. Entre 2010 e 2013 foi membro do consello de administración de NH Hoteles en representación de Pontegada.

D. Antonio Abril Abadín forma parte do Padroado da fundación Amancio Ortega dende a súa constitución en 2001
Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo. Avogado do Estado en excedencia. Actualmente é Secretario xeral e do Consello de Administración e Director de Cumprimento normativo de Inditex S.A., empresa que representa en diversos foros e institucións nacionais e europeos, especialmente nas áreas de asociacionismo e competitividade empresarial, propiedade industrial, sostibilidade e bo goberno corporativo.
No ámbito universitario, foi Profesor de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña, actualmente presidindo o seu Consello Social, así como a Conferencia de Consellos Sociais das Universidades españolas.