Benestar social
Proxectos en curso

Centro Público de Entidades Sociais de Carballo

A Fundación Amancio Ortega acorda co Concello de Carballo, en xuño de 2026, a construción e o equipamento dun novo edificio para entidades sociais do municipio e a súa comarca.

O proxecto, para o que a Fundación achega 7,8 millóns de euros, converterase no novo centro de referencia socioasistencial para o tecido asociativo. Situarase nunha parcela de propiedade municipal de 1.620 metros cadrados na rúa Vázquez de Parga de Carballo (A Coruña).

As instalacións están deseñadas para acoller servizos estratéxicos e asistenciais de primeira orde, entre os que destacan un centro de día para persoas enfermas de alzhéimer, o Centro de Información á Muller (CIM) e novas instalacións para diversas entidades que traballan nos ámbitos da prevención de adicións, da exclusión social e da atención a persoas con autismo, entre outras realidades. Contará, ademais, con espazos comúns e salas multiusos para as asociacións locais.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2026
Entidade colaboradora
Concello de Carballo
Investimento
7,8 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 09
Impacto complementario
ODS: 17
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2026
Entidade colaboradora
Concello de Carballo
Investimento
7,8 millóns de €