FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2010
Bolseiros na edición 2022/2023
400
Bolseiros ata 2020
3.525
Solicitudes recibidas
Máis de 10.000 na última edición (curso 2020/2021)
Investimento acumulado ata 2020
59 millones de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 04
Impacto complementario
ODS: 10

Programa de Bolsas

Área educativa

A Fundación Amancio Ortega puxo en marcha o Programa de Bolsas no ano 2010, co ofrecemento de 50 bolsas de 1º de Bacharelato en Estados Unidos a estudantes de centros educativos de Galicia. Tres anos máis tarde, a iniciativa estendeuse ao resto de España e incorporou tamén a Canadá como novo destino do Programa. Dende entón, o número de bolsas foi aumentando progresivamente.

Dende o seu inicio, o Programa pretende proporcionar aos mozos participantes non só o dominio do idioma inglés, senón tamén ferramentas que lles axuden a incrementar a súa capacidade para adaptarse a novos contornos sociais e culturais. Para favorecer unha inmersión completa nos países de destino —ambos con ampla experiencia na acollida de estudantes internacionais— e impulsar a aprendizaxe do inglés, os 600 bolseiros que participan cada ano no programa conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais. A idade de 15-16 anos resulta ideal para a absorción de coñecementos e experiencias vitais, ao mesmo tempo que garante a responsabilidade e autonomía suficientes para unha integración total.

Na edición 2020/21, as restricións ligadas á pandemia da covid-19 impediron o traslado dos 600 bolseiros a Estados Unidos e Canadá. No seu lugar, o Programa de Bolsas deseñou especificamente para eles un novo programa educativo que puidesen realizar de maneira non presencial e en paralelo aos seus estudos de 1º de Bacharelato en España: o Advanced Talent Training, en colaboración co Massachusetts Institute of Technology (MIT) e a Universidade de Cambridge.

En setembro de 2021, a Fundación Amancio Ortega retomou a actividade orixinal do Programa coa convocatoria de 400 novas bolsas para realizar o curso 2022/2023 de maneira presencial en Canadá e Estados Unidos.

Ata 2020, máis de 3.500 estudantes participaron no Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega.

www.becas.faortega.org