FICHA TÉCNICA
Período de execución
Marzo – setembro de 2020
Tipo de equipamento
Respiradores mecánicos da UCI
Máscaras filtrantes
Kits de detección do COVID 19
Camas do hospital
Investimento
47,5 millóns de euros
Beneficiarios
Pacientes e profesionais sanitarios do sistema público de saúde español
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 09
ODS: 10
Impacto complementario
ODS: 17

Programa de apoio sanitario na emerxencia provocada polo COVID 19 en España

Área saúde

A Fundación Amancio Ortega puxo en marcha en marzo de 2020 un proceso de compra de material sanitario para a loita contra a COVID-19 e a súa inmediata doazón aos centros sanitarios do noso país. A adquisición do material realizouse de acordo coas indicacións técnico-sanitarias das autoridades españolas. O material púxose á súa disposición no momento da súa recepción en España.

O obxectivo desta acción foi complementar as dotacións de equipos dispoñibles para os coidados necesarios aos pacientes e, simultaneamente, incrementar a capacidade de protección dos propios profesionais sanitarios fronte á exposición ao contaxio. O material adquirido consistiu principalmente en respiradores para as unidades de coidados intensivos (950), máscaras filtrantes (17 millóns) e outros equipos de protección, kits de detección do coronavirus (1,4 millóns) e outros equipamentos, como camas hospitalarias (350).

Aínda que os compromisos de compra acadasen un importe de 63 millóns de euros, as dificultades dos provedores para servir os pedidos nun mercado moi tensionado, unidas a economías de escala que se reflectiron nos prezos finais, reduciron o importe total ata os 47,5 millóns de euros.