FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2002
Data de fin
2010
Centros educativos participantes
3
Horas de formación
+ de 40.000 (entre 20 e 40 horas anuais por docente)
Profesores participantes
+ de 200
Estudantes participantes
+ de 2.700
Tipo de equipamento instalado
+ de 1250 ordenadores e máis de 50 encerados dixitais
Investimento total
8,9 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 04
Impacto complementario
ODS: 07
ODS: 09
ODS: 11

Ponte dos Brozos

Área educativa

Desenvolvido en colaboración co concello de Arteixo (A Coruña), o Proxecto Ponte dos Brozos fixo posible que, durante unha década, os profesores e alumnos dos centros educativos preuniversitarios da zona participaran nun completo programa de formación internacional que facilitou a implantación de novos usos pedagóxicos ligados ás oportunidades que a tecnoloxía puña á súa disposición.

Esta renovación metodolóxica estivo acompañada e apoiada pola instalación de novo equipamento tecnolóxico nas aulas: creouse unha infraestrutura base de redes wi-fi e servidores, instaláronse postos informáticos nas aulas das etapas de infantil e primaria, distribuíuse un portátil por alumno nas etapas de secundaria e bacharelato e colocáronse encerados electrónicos e canóns de proxección en todas as salas nas que se impartía clase. Ademais, o proxecto Ponte dos Brozos traspasou o ámbito puramente académico coa creación na localidade de Arteixo dun centro público de servizos relacionados coa tecnoloxía e a capacitación en competencias informáticas.

Actualmente, os centros educativos vinculados ao Proxecto Ponte dos Brozos son líderes no uso escolar de ferramentas tecnolóxicas e contan cun corpo docente recoñecido a escala nacional pola súa contribución ao deseño de técnicas de ensino innovadoras.