FICHA TÉCNICA
Data de entrega do proxecto
2014
Entidade colaboradora
Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos
Usuarios diarios albergue
200
Prazas residencia de maiores
146
Prazas centro de día
40
Prazas escola infantil
100
Investimento total
36,5 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 04
ODS: 07
ODS: 09
Impacto complementario
ODS: 11

Nova sede da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos

Área social

A Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que presta servizos de asistencia social dende 1918 na cidade de A Coruña. En setembro de 2014, e froito do convenio asinado con anterioridade entre esta institución e a Fundación Amancio Ortega, inaugurou un novo centro de asistencia social que responde a un concepto e a un deseño innovadores e que aposta pola convivencia de distintos colectivos dentro dun marco común.

A nova sede de Padre Rubinos financiada pola Fundación Amancio Ortega está composta por tres áreas diferenciadas que comparten un mesmo espazo e nas que se atenden a más de 500 usuarios cada día: albergue e comedor para transeúntes sen fogar e sen recursos, residencia e centro de día para maiores (con 146 y 40 prazas respectivamente) e escola infantil para nenos de 0 a 3 anos integrada dentro da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de A Coruña.