A Fundación Amancio Ortega, en colaboración coa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, impulsa dende o curso 2012/2013 unha plataforma educativa especializada no uso pedagóxico de metodoloxías e da tecnoloxía dirixida a profesores preuniversitarios.
Esta plataforma ofrece trimestralmente conferencias e talleres presenciais impartidos por expertos en innovación educativa e difunde, activamente por medio da súa páxina web e redes sociais, recursos educativos, artigos e videotutoriais abertos a toda a comunidade docente hispanofalante. Máis de 10.000 profesionais da educación seguen diariamente a actividade da plataforma por medio das súas redes sociais.
Esta plataforma tamén impulsou o Concurso Proyecta Innovación, dirixido a facer realidade proxectos de mellora da aprendizaxe na aula e do I Certame Proyecta D+I, que premia ao profesor español coa experiencia máis sobresaliente en innovación educativa.