En xaneiro de 2018, o Concello de Vigo e a Fundación Amancio Ortega asinaron un acordo de colaboración para a construción e o equipamento en Bembrive dunha escola infantil para nenos de 0 a 3 anos que, tras a súa finalización, estará integrada na rede de escolas infantís de titularidade municipal.
A inauguración destas novas instalacións, con capacidade para 82 nenos e nenas, está prevista para o 2020. O Concello de Vigo será o responsable de poñela en funcionamento e da súa posterior xestión.