FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2023
Entidade beneficiaria
Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL)
Accións previstas
Renovación da frota de vehículos
Actualización do equipamento de almacenaxe
Mellora das infraestruturas dos bancos de alimentos
Compra de alimentos básicos
Centros participantes
54 bancos de alimentos asociados
Investimento total
10 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 02
ODS: 03
ODS: 09

Convenio de colaboración con FESBAL para a renovación da súa infraestrutura de repartimento

Área social

En abril de 2023, a Fundación Amancio Ortega e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) chegaron a un acordo para consolidar a infraestrutura da entidade social ante os novos retos derivados dun contexto socioeconómico marcado pola inflación.

Grazas á colaboración entre ambas as entidades, FESBAL renovará a frota de vehículos de repartimento, actualizará os medios necesarios para un mellor almacenamento de alimentos nos 54 bancos asociados e apoiarase a adquisición de alimentos básicos para atender o maior número posible de beneficiarios.

A dotación achegada pola Fundación Amancio Ortega para estas accións acada os 10 millóns de euros.