Benestar social
Proxectos realizados

Centro Tecnolóxico de Formación A Coruña

A Fundación Amancio Ortega financiou o equipamento do Centro Tecnolóxico de Formación Médica de A Coruña (CTF).

O obxectivo do CTF é ofrecer a profesionais da saúde españois e estranxeiros unha aprendizaxe baseada na simulación que garanta a calidade da asistencia e a seguridade dos pacientes. A implicación da Fundación Amancio Ortega na súa actividade permitiu ao CTF adquirir tecnoloxía de vangarda, como simuladores clínicos de realidade virtual e simuladores de técnicas avanzadas, como radioloxía, anestesioloxía e microcirurxía.

Con capacidade para a formación de ata sesenta alumnos de forma simultánea, o CTF ten entre as súas metas principais a preparación dos profesionais da saúde que desempeñan as súas funcións no sistema público de saúde español, co apoio dos especialistas do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

A participación destes nas actividades do CTF posibilita que poñan en práctica os seus coñecementos e adquiran as destrezas necesarias para manexar circunstancias clínicas reais, o que reforza a calidade e a seguridade dos servizos médicos que alcanzan ao conxunto dos cidadáns e co que se garanten iguais prestacións a todos eles.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2013
Data de entrega do equipamento
2014
Entidade beneficiaria
Fundación Profesor Novoa Santos
Investimento total
0,95 millones de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 04
ODS: 09
Impacto complementario
ODS: 11
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2013
Data de entrega do equipamento
2014
Entidade beneficiaria
Fundación Profesor Novoa Santos
Investimento total
0,95 millones de €