FICHA TÉCNICA
Data de entrega do proxecto
Abril 2021
Entidad colaboradora
Amencer-ASPACE
Investimento total
9 millóns de €
Usuarios
60 prazas educativas para usuarios de 3 a 21 anos
Ata 100 servizos diarios de rehabilitación e atención terapéutica
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 04
Impacto complementario
ODS: 03
ODS: 07
ODS: 09
ODS: 11

Amencer-ASPACE (Centro de Atención Integral de Vigo para persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores)

Área social

En abril de 2021 e froito do convenio asinado con anterioridade entre a Fundación Amancio Ortega, o Concello de Vigo e Amencer-ASPACE, presentouse o novo Centro de Atención Integral para persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores de Bembrive (Vigo).

O centro foi construído e equipado pola Fundación Amancio Ortega cun investimento global que supera os 9 millóns de euros. O Concello de Vigo, pola súa banda, cedeu a parcela de solo público de 6.000 m2 sobre a que se sitúan os máis de 2.700 m2 construídos.

As novas instalacións están equipadas con tecnoloxía punta para ofrecer un tratamento holístico a todas as necesidades de rehabilitación dos usuarios. O edificio alberga un centro de educación especial de ata 60 prazas (10 aulas) para usuarios de 3 a 21 anos, un centro de recursos e un centro de rehabilitación externa e atención temperá no que Amencer-ASPACE ofrece servizos personalizados de reforzo pedagóxico, rehabilitación logopédica, rehabilitación multisensorial e neurorrehabilitación intensiva, entre outros.

O Centro de Atención Integral para persoas con parálise cerebral e patoloxías neuromotoras conta con 80 profesionais (mestres, coidadores, fisioterapeutas, logopedas, terapeutas ocupacionais) especializados no coidado e na atención global destes usuarios, cuxos tratamentos están apoiados en tecnoloxía de última xeración. Entre o equipamento instalado destaca IM HIROB —o dispositivo de equitación robotizada máis avanzado do mercado, con ata cinco modos de terapia dispoñibles— e unha piscina multisensorial, e outros sistemas como Spidersuit, Lexo, Omego Plus de Tyromotion e Zebris Rehawalk System, capaces de realizar tratamentos, avaliar o usuario, analizar as súas funcións musculares e de movemento e levar a cabo un seguimento dixitalizado da súa evolución. Estes equipos de vangarda achegan unha solución plena para os tratamentos de rehabilitación, desde as fases máis temperás ás de perfeccionamento.

Amencer-ASPACE presta servizo aos seus beneficiarios (117 na actualidade) da provincia de Pontevedra desde 1991 nos seus centros de Pontevedra, Vilagarcía e, a partir de agora, tamén no novo Centro de Atención Integral de Amencer-ASPACE Vigo en Bembrive