En marzo de 2023, a Fundación Amancio Ortega e a Fundación Porque Viven presentaron o proxecto do primeiro centro integral de coidados paliativos pediátricos de España. A instalación permitirá ofrecer unha atención integral e personalizada a nenos e adolescentes afectados por enfermidades complexas e crónicas que ameazan seriamente a súa vida.
O centro, promovido pola Fundación Porque Viven —que traballa para desenvolver os coidados paliativos pediátricos complementando os servizos públicos de saúde— contará con 15.000 m2 e estará rodeado por outros 5.000 m2 de xardíns. A súa construción, cun orzamento de 30 millóns de euros, será financiada pola Fundación Amancio Ortega.
Os pacientes procederán, en todo caso, dos servizos de atención médica do sistema público de saúde.