Nova sede de Proxecto Home Galicia

Área social

No ano 2010, Proxecto Home Galicia e a Fundación Amancio Ortega estableceron un acordo de colaboración para a construción e o equipamento dun novo centro en Santiago de Compostela para a rehabilitación e a reinserción social dos seus beneficiarios.

As instalacións, nas que máis de 180 usuarios participan diariamente dende 2012 en programas terapéuticos e actividades de formación laboral, supuxeron un reforzo imprescindible para os servizos que Proxecto Home ofrece en Galicia dende 1990.

O obxectivo de Proxecto Home, baseado en principios de gratuidade e aconfesionalidade, é a total rehabilitación e reinserción social da persoa adicta a través do fomento da autonomía e a atención ás familias. Na actualidade conta con milleiros de altas terapéuticas de usuarios que están a desenvolver unha vida normal allea ás adicións.

Ficha técnica
Data de entrega do proxecto
2007
Entidade colaboradora
Fundación Monte do Gozo promotora de Proxecto Home Galicia
Usuarios anuais das instalacións
+ de 140
Altas terapéuticas anuais
+ de 30
Investimento total
7,3 millóns de €
Voltar a parte superior da páxina