Centros de Atención Integral a Persoas Maiores

Área social

O 13 de setembro de 2019, a Fundación Amancio Ortega asinou un convenio coa Xunta de Galicia para a posta en marcha de sete centros residenciais públicos —Centros de Atención Integral a Persoas Maiores— nas sete principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

A Fundación Amancio Ortega levará a cabo a construción dos sete inmobles, que equipará por completo, para a súa posterior integración na rede pública autonómica de atención a maiores. O investimento estimado inicialmente pola FAO para o desenvolvemento deste proxecto é de 90 millóns de euros.

En total, os sete centros ofrecerán 900 prazas residenciais: 150 en Vigo e A Coruña e 120 en Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol. A posta en actividade dos sete centros públicos permitirá a creación de máis de 800 empregos directos. Estes centros contarán con servizos innovadores como unidades psicoxeriátricas especializadas no tratamento do Alzheimer e outras patoloxías similares.

Ficha técnica
Data de inicio do proxecto
2019
Entidade colaboradora
Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Política Social
Usuarios
900
Empregos creados
Máis de 800 postos directos
Ámbito do proxecto
Comunidade autónoma de Galicia (municipios de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo)
Investimento estimado
90 millóns de €
Concepto arquitectónico
Elsa Urquijo Arquitectos
Voltar a parte superior da páxina