En novembro de 2025, a Fundación Amancio Ortega asinou con ASPRONAGA un convenio de colaboración para a ampliación do centro residencial Ricardo Baró, situado no concello de Oleiros (A Coruña). A Fundación Amancio Ortega achegará doce millóns e medio de euros para a súa construción e equipamento.
A superficie total construída, que comprende as habitacións (dobres e individuais) e dependencias residenciais, os espazos comúns e as zonas exteriores axardinadas, ascende a 7.000 m2.
O centro Ricardo Baró foi inaugurado no ano 1989 e ofrece ás persoas con discapacidade intelectual, ademais de réxime residencial, servizos sanitarios e de atención básica (medicina, enfermaría, fisioterapia e coidados persoais), servizos de terapia, rehabilitación e inclusión social. A nova construción estará distribuída en dous módulos residenciais independentes e aloxará a un total de 26 residentes (10 menores e 16 adultos), permitindo á entidade ASPROANGA atender a dous tipos de residentes de maneira diferenciada: menores de idade a cargo do centro e persoas adultas con grandes necesidades de apoio.
Co fin de preservar unha atención integral individualizada e unha rehabilitación tanto físico como cognitiva, a nova construción facilitará a realización de actividades de convivencia en grupos pequenos máis homoxéneos, mellorando así a calidade de vida e o benestar das persoas con discapacidade intelectual.