Política de Privacidade - Anterior 2021.05.06

Data da publicación: 24/05/2018

Esta política describe o tratamiento dos seus datos personais por parte da Fundación Amancio Ortega Gaona a través da páxina web https://www.faortega.org (o "Sitio").

As referencias nesta política á "Compañía", a "nós" ou a "nos" refírense á FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA, con domicilio social en Avenida da Diputación, s/n, 15143 - Arteixo (A Coruña), e CIF número G-15797277.

Aos efectos da lexislación de protección de datos aplicable (incluído o Regulamento xeral de protección de datos 2016/679 (o "RGPD")), a Compañía é a responsable do tratamento dos seus datos persoais.

Que datos persoais tratamos?

1.- Datos persoais que ti nos proporcionas: A Compañía tratará os seguintes datos cando encha o formulario de contacto dispoñible no Sitio:

  • Nome e apelidos;
  • Email;
  • Teléfono;
  • Calquera outra información que nos proporcione na consulta.

2.- Datos persoais que nós recollemos:

  • Con respecto a cada unha das veces que entra no Sitio, a Compañía recollerá e tratará os seguintes datos persoais de forma automática:
    • Información técnica, incluída a dirección de protocolo de internet (dirección IP) que se utiliza para conectar o seu ordenador a Internet, os seus datos de acceso, o tipo de navegador e a súa versión, o sistema operativo e a plataforma;
    • Información sobre a súa visita ao Sitio, incluídos os localizadores uniformes de recursos completos (URL), os servizos que teña visto ou procurado; os tempos de resposta da páxina; os erros de descarga; a duración da visita, información sobre a súa interacción no Sitio (por exemplo clics, e/ou desprazamentos do rato), e os métodos utilizados para saír do Sitio; e'
    • Información obtida a través das cookies utilizadas pola Compañía no Sitio. Encontrará máis información sobre o uso de cookies na siguiente ligazón: POLÍTICA DE COOKIES

Para que finalidades utilizamos os teus datos persoais?

A Compañía tratará os seus datos persoais para os seguintes fins:

  • Intereses lexítimos: trataremos os seus datos persoais cando a Compañía precise cumprir cos intereses lexítimos, e en particular:
    • Para comunicarse con vostede;
    • Para axudar a preservar a vixilancia, administración e protección dos servizos, contido, e páxina web;
    • Para personalizar a súa páxina web ou servizos, e para permitirlle participar en elementos interactivos da nosa páxina web;

Con quen compartimos os teus datos persoais?

A Compañía compartirá os seus datos persoais (i) con provedores de servizos informáticos, quen os tratarán coa finalidade de prestar servizos de soporte informático, e (ii) con autoridades administrativas e/ou xudiciais competentes cando así lo prevea a Lei.

Sen prexuízo do anterior, a Compañía non transferirá os seus datos a países fóra da Unión Europea.

Que dereitos teño en relación cos meus datos persoais?

Ten dereitos relacionados coa información persoal que temos sobre vostede. Poderase dirixir a nós a fin de poder exercitar:

  1. O dereito de acceso aos seus datos persoais;
  2. O dereito de rectificación dos seus datos persoais (se son incorrectos, incompletos ou se están desactualizados);
  3. O dereito de portabilidade dos seus datos persoais (é dicir, dereito a transferir os seus datos a outro responsable do tratamento nun formato estruturado, comunmente utilizado e lexible por máquina);
  4. O dereito de supresión dos seus datos persoais; ou;
  5. O dereito á limitación do tratamento dos seus datos persoais.

Así mesmo, ten dereito a oporse ao tratamento de datos persoais cando estea baseado nos nosos intereses lexítimos e/ou teña por obxecto a mercadotecnia directa. Ademais, naqueles casos nos que a Compañía lle teña pedido o consentimento para tratar os seus datos persoais, ten dereito a retirar dito consentimento tal e como o temos detallado anteriormente.

Naqueles casos nos que a Compañía precisa os seus datos persoais para cumprir coas súas obrigas legais ou contractuais, a prestación de ditos datos persoais é obrigatoria. Se non se proporcionan estes datos, a Compañía non poderá manter a súa relación contractual con vostede nin cumprir coas súas obrigas. Nos demais casos, é opcional a prestación dos datos persoais que teñan sido solicitados.

A Compañía desexa responder de forma satisfactoria a calquera pregunta que teña sobre a maneira na que trata os seus datos persoais.

Así mesmo, e no suposto de que incumpramos as nosas obrigas legais en materia de protección de datos, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Poderá obter máis información sobre os nosos prazos de retención e exercitar os dereitos antes mencionados, escribindo á Fundación á dirección postal Avenida da Diputación s/n, 15143 – Arteixo (A Coruña), á atención da Secretaría, e acompañando fotocopia do DNI.

Durante canto tempo conservamos os seus datos?

Conservamos os datos persoais durante o tempo que os necesitamos para lograr as finalidades anteriores. Polo mesmo motivo, suprimiremos ou anonimizaremos os datos persoais unha vez deixen de ser necesarios para lograr ditas finalidades, salvo que resulte necesario mantelos (debidamente bloqueados) durante un período máis largo de tempo cando exista unha obriga legal ou regulamentaria ou cando os datos persoais sexan necesarios para establecer, exercitar e/ou defender reclamacións xurídicas reais ou potenciais, investigacións ou procesos similares.

Que tipos de cookies hai e que uso facemos delas no Sitio?

O tratamento de cookies rexerase de acordo co establecido na Política de Cookies da Compañía, accesible aquí: POLÍTICA DE COOKIES.

Actualizacións da nosa política de privacidade

Esta política de privacidade pode actualizarse periodicamente para reflectir mudanzas nas nosas prácticas sobre a información persoal. Publicaremos un aviso destacado no Sitio para notificarlle calquera cambio significativo na nosa política e indicaremos na parte superior da política cando se actualizou por última vez. Para ver as versións anteriores da política de privacidade faga clic aquí.