Proxecto de Formación de Técnicas Agrícolas. Terras Altas do Sur de Tanzania

Área educativa

O proxecto Terras Altas de Tanzania, desenvolvido en colaboración con Agrónomos Sin Fronteras, propiciou a constitución dunha cooperativa para a explotación dunha plataforma de tratamento poscolleita e de almacenamento de produto que sustenta a 6000 persoas e amplía o seu ámbito de influencia ata os 30.000 beneficiarios indirectos na zona de Pawaga. O programa parte da idea de que a mellor forma de loitar contra a pobreza e a fame en comunidades agrícolas reside en ofrecer ás familias a mellor formación posible en técnicas de cultivo e gandería.

Con este modelo como referente, o proxecto Terras Altas estendeuse á área de Kilolo, onde a agricultura, a gandería e a fruticultura son as principais fontes de abastecemento dos seus habitantes. A partir da formación técnica impartida tanto por enxeñeiros agrónomos españois como por profesionais locais, o próximo logro do proxecto será conseguir a autoxestión e a sustentabilidade de Kilolo, do mesmo xeito que se conseguiu en Pawaga e, de cara ao futuro, continuar expandindo estas experiencias de traballo agrícola eficiente a outras áreas do país.

Ficha técnica
    Data de inicio
    2014
    Entidade colaboradora
    Fundación Agrónomos Sin Fronteras
    Data de fin
    2016
    Núm. beneficiarios
    5.000 participantes en cursos de formación e 30.000 beneficiarios directos da actividade
    Investimento total
    1,4 millóns de €
Voltar a parte superior da páxina