Programa de apoio sanitario na emerxencia provocada polo COVID 19 en España

Área social

A Fundación Amancio Ortega vén de pór en marcha un proceso de compra de material sanitario para a loita contra o COVID-19 e a súa inmediata doazón aos centros sanitarios do noso país. A adquisición de material realízase de acordo coas indicacións técnico-sanitarias das autoridades españolas. O material ponse a disposición no momento da súa recepción en España.

O obxectivo desta acción é completar as doazóns de equipos dispoñibles para os coidados necesarios a pacientes e, simultaneamente, incrementar a capacidade de protección dos propios profesionais sanitarios fronte á exposición ao contaxio. O material adquirido consiste principalmente en respiradores para as unidades de coidados intensivos, máscaras filtrantes e outros equipos de protección, kits de detección do coronavirus e outros equipamentos, como camas hospitalarias.

Ficha técnica
Data de inicio
Marzo de 2020
Tipo de equipamento
Respiradores mecánicos da UCI
Máscaras filtrantes
Kits de detección do COVID 19
Camas do hospital
Investimento estimado
A determinar
Beneficiarios
Pacientes e profesionais sanitarios do sistema público de saúde español
Voltar a parte superior da páxina