Máster en Produción Xornalística e Audiovisual

Área educativa

En colaboración coa Fundación Santiago Rey-Fernández Latorre e avalada pola Universidade de A Coruña, a Fundación Amancio Ortega puxo en marcha en 2017 o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA) co obxectivo de facilitar o acceso de alumnos españois e internacionais graduados e licenciados a unha formación de calidade no ámbito da Comunicación e a Produción audiovisual.

O MPXA, que abrangue dúas especialidades —xornalismo avanzado multiplataforma e produción executiva audiovisual—, ofrece 30 prazas con bolsas do 100% para a realización dunha formación presencial en A Coruña de nove meses de duración, 72 créditos ECTS e un mínimo de dous meses de prácticas remuneradas ao completar o curso. Dende o seu lanzamento, o programa conta cunha proporción significativa de participantes procedentes de diferentes países da área iberoamericana.

Ficha técnica
Data de inicio
2017
Entidade colaboradora
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
Núm. estudantes participantes
30 por curso
Especialidades
Produción executiva audiovisual (15 estudantes) e Xornalismo avanzado multiplataforma (15 estudantes)
Investimento anual
0,3 millóns de €
Voltar a parte superior da páxina