Inspiratics

Área educativa

A Fundación Amancio Ortega, en colaboración coa Fundación Santiago Rey-Fernández Latorre, impulsa dende o curso 2012/2013 o programa Proyecta, que recentemente adoptou o nome dunha das súas actividades presenciais máis importantes, Inspiratics; unha plataforma educativa especializada no uso pedagóxico de metodoloxías e da tecnoloxía dirixida a profesores preuniversitarios.

Esta plataforma ofrece trimestralmente conferencias e talleres presenciais impartidos por expertos en innovación educativa e difunde, por medio da súa páxina web, recursos educativos, artigos e videotutoriais abertos a toda a comunidade docente hispanofalante. Máis de 8.000 profesionais da educación seguen diariamente a actividade da plataforma por medio das súas redes sociais, unha porcentaxe significativa deles dende fóra de España.

Esta plataforma tamén impulsou o Certame Proyecta Innovación, dirixido a facer realidade proxectos de mellora da aprendizaxe na aula e do I Certame D+I, que premiou en 2016 ao profesor español coa experiencia máis sobresaliente en innovación educativa.

Ficha técnica
Data de inicio
2012
Entidade colaboradora
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
Núm. centros educativos participantes
230
Núm. profesores participantes en actividades de formación
+ de 600
Núm. visitas mensuais á plataforma electrónica
+ de 20.000
Núm. subscritores ao boletín informativo / seguidores en redes sociais
+ de 2.000 / + de 7.000
Investimento anual
0,25 millóns de €
Investimento acumulado ata 2017
1,3 millóns de €
Voltar a parte superior da páxina