Escolas infantís de Galicia

Área social

A comezos de 2012, e coa intención de amparar o compromiso da administración pública galega coa ampliación do número de prazas escolares públicas para nenos de 0 a 3 anos e coa posta en marcha de medidas complementarias en materia de conciliación, a Fundación Amancio Ortega e a Xunta de Galicia asinaron un acordo para a construción e o equipamento de oito escolas infantís, co obxectivo de integralas na rede pública de escolas infantís de Galicia.

Cun orzamento xeral de 32 millóns de euros, as escolas infantís financiadas pola Fundación Amancio Ortega, todas elas xa en funcionamento, ofrecen en total máis de 650 prazas de nova creación para nenos de 0 a 3 anos nos municipios nos que están situadas: Ferrol, Melide, Cambre, A Coruña, Arteixo, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.

Dous destes centros inclúen dentro das súas instalacións, ademais, espazos para a atención de persoas maiores como experiencia interxeracional pioneira en España. Concretamente, o centro interxeracional de Ourense acolle nun mesmo edificio a escola infantil e un centro de día para maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia. O centro de Arteixo, pola súa parte, consta de escola infantil e de residencia para maiores con centro de día.

Ficha técnica
Data de inicio
2012
Data de fin estimada
2020
Entidade colaboradora
Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social (Consorcio Galego de Igualdade e Benestar), concellos de A Coruña, Arteixo, Cambre, Ferrol, Lugo, Melide, Ourense, Santiago de Compostela
Instalacións complementarias
Centro interxeracional de Ourense e residencia para maiores con centro de día de Arteixo
Investimento estimado
32 millóns de €
Voltar a parte superior da páxina