Ficha técnica
Data de inicio
2015
Data estimada de finalización
2018
Entidade colaboradora
Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social (Consorcio Galego de Igualdade e Benestar); concellos de Ourense e Arteixo
Objetivos de desarrollo sostenible / Agenda 2030
Impacto directo
Objetivo 3: Garantizar una vida sana y promover el bienestar para todos en todas las edades
Impacto complementario
Objetivo 7: Garantizar el acceso a una energía asequible, segura, sostenible y moderna para todos
Objetivo 9: Industria, Innovación e Infraestructuras
Objetivo 10: Reducir la desigualdad en y entre los países
Objetivo 11: Lograr que las ciudades y los asentamientos humanos sean inclusivos, seguros, resilientes y sostenibles

Centros interxeracionais de Galicia

Área social

Durante o desenvolvemento do proxecto Escolas infantís de Galicia, a Fundación Amancio Ortega detectou a oportunidade de ampliar o alcance da súa intervención en dous dos nove municipios beneficiarios a través dun tipo máis completo de instalación social pioneiro en España: o centro interxeracional.

A partir desta decisión, o deseño das escolas infantís proxectadas para Arteixo e Ourense incorporou dentro das súas mesmas instalacións espazos para a atención de persoas maiores. Concretamente, o centro interxeracional de Ourense acolle nun mesmo edificio a escola infantil e un centro de día para maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia. O centro de Arteixo, pola súa parte, consta de escola infantil e de residencia para maiores con centro de día.

Esta aposta pola creación de espazos compartidos para que nenos e maiores convivan, interactúen e intercambien experiencias non só responde a necesidades vencelladas á conciliación familiar, senón que actúa tamén sobre un concepto máis amplo de benestar, xa que aumenta as oportunidades de envellecemento activo e de calidade que reciben as persoas maiores.

Voltar a parte superior da páxina