Centro Tecnolóxico de Formación

Área educativa

A Fundación Amancio Ortega financiou o equipamento do Centro Tecnolóxico de Formación médica de A Coruña (CTF).

O obxectivo do CTF é ofrecer a profesionais da saúde españois e estranxeiros unha aprendizaxe baseada na simulación que garanta a calidade da asistencia e a seguridade dos pacientes. A implicación da Fundación Amancio Ortega na súa actividade permitiu ao CTF adquirir tecnoloxía de vangarda, como simuladores clínicos de realidade virtual e simuladores de técnicas avanzadas, como radioloxía, anestesioloxía e microcirurxía.

Con capacidade para a formación de ata sesenta alumnos de forma simultánea, o CTF ten entre as súas metas principais a preparación dos profesionais da saúde que desempeñan as súas funcións no sistema público de saúde español, co apoio dos especialistas do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. A participación destes nas actividades do CTF posibilita que poñan en práctica os seus coñecementos e adquiran as destrezas necesarias para manexar circunstancias clínicas reais, o que reforza a calidade e a seguridade dos servizos médicos que alcanzan ao conxunto dos cidadáns e co que se garanten iguais prestacións a todos eles.

Ficha técnica
Data de entrega do equipamento
2014
Entidade colaboradora
Fundación Profesor Novoa Santos
Núm. cursos de formación realizados dende a súa inauguración (2009)
670
Núm. estudantes participantes dende a súa inauguración (2009)
13.000
Investimento total
0,95 millóns de €
Voltar a parte superior da páxina