ASPACE (Centro de Formación para a Prevención da Dependencia)

Área social

No ano 2016, un acordo entre a Fundación Amancio Ortega e ASPACE Coruña permitiu a creación do Centro de Formación para a Prevención da Dependencia, cuxo obxectivo é que os usuarios da entidade (110 na actualidade) entren en contacto cos novas tecnoloxías dende o comezo da súa etapa escolar e experimenten a través delas unha aprendizaxe máis eficaz e dirixida ao fomento da autonomía na vida adulta. O Centro de Formación conta con dispositivos tecnolóxicos (encerados interactivos, ordenadores, brazos articulados, controladores de mirada, proxectores, software deseñado para persoas con dificultades motoras, etc.) que traballan a estimulación sensorial e favorecen a participación dos usuarios en actividades de grupo.

Como extensión desta área educativa e comprendidos dentro do mesmo proxecto de colaboración coa Fundación Amancio Ortega, ASPACE creou tamén no seu centro residencial unha vivenda piloto domotizada para o adestramento dos usuarios adultos no uso da tecnoloxía para o fogar aplicada ás súas necesidades e un local social situado no centro de día. A vivenda piloto conta con 56 metros cadrados distribuídos entre as áreas de cociña-salón e dormitorio-aseo e está totalmente equipada con electrodomésticos adaptados, sistemas de control remoto do entorno (persianas, luces e portas), baño accesible e cama motorizada, entre outros sistemas electrónicos. No tocante ao local social, é un espazo que inclúe unha recepción, unha cafetería e un punto de encontro para as familias atendido polos usuarios de ASPACE co obxectivo de fomentar as súas habilidades de comunicación e favorecer as relacións interpersoais.

Ficha técnica
Data de entrega do proxecto
2016
Entidade beneficiaria
Aspace Coruña
Núm. usuarios
110
Investimento total
75.000 €
Voltar a parte superior da páxina