Ficha técnica
Data de entrega do proxecto
2016
Entidade beneficiaria
Aspronaga, Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
Usuarios
317 / 15 residentes permanentes
Investimento total
2,2 millóns de €
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible / Agenda 2030
Impacto directo
Objetivo 3: Garantizar una vida sana y promover el bienestar para todos en todas las edades
Objetivo 4: Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todos
Impacto complementario
Objetivo 7: Garantizar el acceso a una energía asequible, segura, sostenible y moderna para todos
Objetivo 9: Industria, Innovación e Infraestructuras
Objetivo 11: Lograr que las ciudades y los asentamientos humanos sean inclusivos, seguros, resilientes y sostenibles

Residencia para persoas dependentes ASPRONAGA

Área social

Durante o ano 2016, a Fundación Amancio Ortega subscribiu un acordo de colaboración con ASPRONAGA (Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia), entidade de referencia na atención á discapacidade intelectual en A Coruña, para a construción dunha residencia para persoas con grandes necesidades de apoio.

Cunha superficie de 620 metros cadrados, esta residencia está situada no municipio de Oleiros, no que xa están a maioría dos servizos de ASPRONAGA. A nova área asistencial conta con 15 habitacións dotadas de baño, salón, comedor, cociña con área de almacenamento, lavandería e dúas salas de coidados e curas, entre outras dependencias, todas elas deseñadas e equipadas de acordo ás necesidades de mobilidade e atención que requiren os usuarios aos que está dirixida.

A Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA) presta servizo aos seus beneficiarios (317 na actualidade) dende 1962 grazas ao traballo dun equipo composto por 188 profesionais e 70 voluntarios.

Voltar a parte superior da páxina