Ficha técnica
Data de inicio
2020
Entidade colaboradora
Massachusetts Institute of Technology (MIT) e Universidade de Cambridge
Estudantes participantes
600 estudantes de 1º de Bacharelato
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible / Agenda 2030
Impacto directo
Objetivo 4: Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todos
Impacto complementario
Objetivo 10: Reducir la desigualdad en y entre los países

Advanced Talent Training

Área educativa

O Advanced Talent Training é un programa educativo que se vai estender dende outubro de 2020 a xuño de 2021 e que foi deseñado polo equipo técnico da Fundación en colaboración co Massachusetts Institute of Technology (MIT) e a Universidade de Cambridge. Está dirixido aos 600 estudantes de 1º de Bacharelato seleccionados na edición 2020/21 do Programa de Bolsas da Fundación.

O Advanced Talent Training é un programa dixital interdisciplinario impartido en inglés por profesionais das dúas institucións que colaboran coa Fundación Amancio Ortega nesta nova iniciativa. Na primeira parte do programa, os participantes realizarán unha inmersión en disciplinas STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics) deseñada e dirixida polo MIT, unha institución referente mundial nestes campos de coñecemento. Durante un trimestre e a través de clases, charlas, obradoiros e actividades colectivas en pequenos grupos, abordaranse temáticas como a intelixencia artificial, a exploración do espazo, a relación entre a música e a física do son ou a creatividade matemática.

Na segunda parte do programa, os 600 estudantes participarán nunha formación lingüística individualizada de alto rendemento a cargo da Universidade de Cambridge, dirixida a situar as súas habilidades no manexo do inglés como ferramenta académica e profesional ao máximo nivel. Tras dous trimestres completos de formación, os participantes no programa poderán culminar esta experiencia superando unha proba oficial de recoñecido prestixio internacional que lles facilitará grandes oportunidades tanto no mundo académico como no seu futuro profesional.

Voltar a parte superior da páxina