Política de Privacidade 2018.05.23

DATOS PERSOAIS REXISTRADOS: FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA (Avd. da Deputación, s/n (Edif. Inditex) – POL. SABÓN, 15143, Arteixo) e CIF número G-15797277, como responsable do ficheiro, en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, comunica aos usuarios da Páxina Web: http://www.faortega.org/, en diante “a Páxina Web”, que os datos facilitados mediante os correspondentes formularios e os e-mails recibidos solicitando información e que teñen consideración de datos de carácter persoal, incluiranse nun ficheiro automatizado ou non de carácter confidencial.

Así mesmo, infórmase e os usuarios da Páxina Web consenten a súa utilización mediante sistemas automáticos de decisión, segmentación e valoración a respecto das solicitudes que se realicen coa finalidade de xestión dos seus usuarios, a obtención de estatísticas diversas, a realización de prospeccións de mercado e o envío por parte da Páxina Web, de publicidade e información en relación cos servizos prestados, e que estean relacionados co uso da plataforma, atendendo ás preferencias que cada usuario teña configurado na Páxina Web incluso despois de finalizada a relación. Dito ficheiro encóntrase inscrito na Axencia Española de Protección de Datos conforme á lexislación vixente e normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, e de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, “a LOPD”), o usuario presta o seu consentimento para que os seus datos persoais se incorporen aos ficheiros, automatizados ou non, propiedade de FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA, que teñen como finalidade a xestión de usuarios, mantelos informados, por calquera medio (electrónico ou non), de todas as ofertas e servizos e/ou promocións, incluíndo a análise e formación de perfís, e en xeral, a realización de accións comerciais de promoción e/ou marketing relacionadas coas actividades propias do obxecto social de FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA así como servizos inmobiliarios, provedores de transporte, seguros, servizos inmobiliarios, publicidade e a prestación de servizos de valor engadido.

Premendo no botón “enviar” do correspondente formulario e aos efectos do disposto no artigo 21 da Lei 34/2002, de 11 de Xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o usuario autoriza expresamente a FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA a remitirlle comunicacións comerciais, promocións publicitarias, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica ou non electrónica equivalente. Así mesmo, premendo no botón “enviar” ou equivalente a este do correspondente formulario o usuario prestará tamén o seu consentimento expreso para que os seus datos persoais poidan ser comunicados, con idénticos fins, ás sociedades que en cada momento integren o grupo ao que pertence FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA e a terceiros que, do mesmo ou doutros sectores, contraten ou presten tales servizos a FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA e/ou proporcionen ao usuario os servizos ofrecidos por FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA. Aos efectos previstos na LOPD, o usuario dáse por notificado de ditas cesións. No entanto, o usuario poderá opoñerse ao envío de tales comunicacións sinalando o cadro que a estes efectos aparece indicado en cada un dos formularios ou de acordo coo establecido nas comunicacións.

O usuario ten dereito a acceder ao ficheiro que conteña os seus datos persoais, de cuxo tratamento FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA, a fin de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante correo postal ordinario dirixido a FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA, Avenida da Deputación, s/n (Edificio Inditex) – Polígono de Sabón, 15143, Arteixo, Asunto: LOPD, fornecendo fotocopia do DNI, solicitude que se realiza, indicación do domicilio a efectos de notificacións, data e sinatura. Para a súa maior comodidade, poderá igualmente obter información acerca do exercicio destes dereitos telefonicamente, a través do apartado de contacto da propia Web. Por último e se vostede utiliza habitualmente a canle telefónica, ou un medio de comunicación por vía electrónica na súa relación con FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA, poderá exercitar igualmente ditos dereitos a través destas canles debendo utilizar para eles os medios de identificación habitualmente requiridos.

Así mesmo, FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA cancelará, borrará e/ou bloqueará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou teñan deixado de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos. A estes efectos, rogámoslle que nos comunique inmediatamente calquera modificación dos seus Datos a fin de que a información contida nos nosos ficheiros estea en todo momento actualizada e non conteña erros.

Nos formularios de recollida de datos (tanto físicos como electrónicos por medio da Web), os campos obrigatorios virán sinalados especificamente, polo que en caso de que o Usuario non facilite os datos correspondentes, FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA poderá á súa soa discreción denegar o correspondente servizo.