Política de Privacidade de https://www.faortega.org

Data de publicación: 06/05/2021

Esta política describe o tratamento dos teus datos persoais por parte da Fundación Amancio Ortega Gaona a través da páxina web https://www.faortega.org/ (o "Sitio").

Nesta política, os termos "Compañía" e "nós” fan referencia á FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA, con domicilio social en Cantón Grande nº 4, 15003 – La Coruña, e CIF número G-15797277

Para os efectos da lexislación de protección de datos aplicable (incluído o Regulamento xeral de protección de datos 2016/679 [o "RXPD"]), a Compañía é o responsable do tratamento dos teus datos persoais.

Que datos persoais tratamos?

1.- Datos persoais proporcionados por ti: A Compañía tratará os seguintes datos cando cubras o formulario de contacto dispoñible no Sitio:

  • Nome e apelidos;
  • Enderezo electrónico;
  • Teléfono;
  • Calquera outra información que nos proporciones na consulta.

2.- Datos persoais recollidos por nós:

  • Con respecto a cada unha das veces que entres no Sitio, a Compañía recollerá e tratará os seguintes datos persoais de forma automática:
    • Información técnica, incluído o enderezo de protocolo de internet (enderezo IP) que se utiliza para conectar o teu ordenador a Internet, os teus datos de acceso, o tipo de navegador e a súa versión, o sistema operativo e a plataforma;
    • Información sobre a túa visita ao Sitio, incluídos os localizadores uniformes de recursos completos (URL), os servizos que viches ou buscaches; os tempos de resposta da páxina; os erros de descarga; a duración da visita, información sobre a túa interacción no Sitio (por exemplo clics e/ou desprazamentos do rato), e os métodos utilizados para saír do Sitio; e
    • Información obtida a través dos rastros utilizados pola Compañía no Sitio. Encontrarás máis información sobre o uso de rastros na seguinte ligazón: POLÍTICA DE RASTROS.

Para que finalidades utilizamos os teus datos persoais?

A Compañía tratará os teus datos persoais para os seguintes fins:

  • Intereses lexítimos: trataremos os teus datos persoais cando a Compañía necesite cumprir cos seus intereses lexítimos, e en particular:
    • Para comunicarse contigo;
    • Para axudar a preservar a vixilancia, administración e protección dos seus servizos, contido, e páxina web;
    • Para personalizar a súa páxina web ou servizos, e para permitirche participar en elementos interactivos da nosa páxina web;

Con quen compartimos os teus datos persoais?

A Compañía compartirá os teus datos persoais:

Sen prexuízo do anterior, a Compañía non transferirá os teus datos a países fóra da Unión Europea.

Que dereitos teño en relación cos meus datos persoais?

Tes dereitos relacionados coa información persoal que temos sobre ti. Poderaste dirixir a nós co fin de poder exercitar:

  1. O dereito de acceso aos teus datos persoais;
  2. O dereito de rectificación dos teus datos persoais (se son incorrectos, incompletos ou non están actualizados);
  3. O dereito de portabilidade dos teus datos persoais (é dicir, o dereito a transferir os teus datos a outro responsable do tratamento nun formato estruturado, comunmente utilizado e lexible por máquina);
  4. O dereito de supresión dos teus datos persoais; ou
  5. O dereito á limitación do tratamento dos teus datos persoais.

Así mesmo, tes dereito a opoñerte ao tratamento de datos persoais cando estea baseado nos nosos intereses lexítimos e /ou teña por obxecto a mercadotecnia directa. Ademais, naqueles casos en que a Compañía che pediu o consentimento para tratar os teus datos persoais, tes dereito a retirar o devandito consentimento tal e como o explicamos anteriormente.

Naqueles casos en que a Compañía necesita os teus datos persoais para cumprir coas súas obrigas legais ou contractuais, a prestación dos devanditos datos persoais é obrigatoria. Se non se proporcionan estes datos, a Compañía non poderá manter a súa relación contractual contigo nin cumprir coas súas obrigas. Nos demais casos, é opcional a prestación dos datos persoais que foron solicitados.

A Compañía desexa responder de forma satisfactoria a calquera pregunta que teñas sobre a maneira en que trata os teus datos persoais.

Así mesmo, e no caso de que incumpramos as nosas obrigas legais en materia de protección de datos, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Poderás obter máis información sobre os nosos prazos de retención e exercitar os dereitos antes mencionados, escribindo á Fundación ao enderezo postal Cantón Grande nº 4, 15003 – La Coruña, á atención da Secretaría, e acompañando fotocopia do DNI.

Durante canto tempo conservamos os teus datos?

Conservamos os datos persoais durante o tempo que os necesitamos para lograr as finalidades anteriores. Polo mesmo motivo, suprimiremos ou anonimizaremos os datos persoais ao que deixen de ser necesarios para lograr as devanditas finalidades, salvo que resulte necesario mantelos (debidamente bloqueados) durante un período máis longo de tempo cando exista unha obriga legal ou regulamentaria ou cando os datos persoais sexan necesarios para establecer, exercitar e/ou defender reclamacións xurídicas reais ou potenciais, investigacións ou procesos similares.

Que tipos de rastros hai e que uso facemos deles no Sitio?

O tratamento dos rastros rexerase de acordo co establecido na Política de rastros da Compañía, accesible aquí: POLÍTICA DE RASTROS.

Actualizacións da nosa política de privacidade

Esta política de privacidade pódese actualizar periodicamente para reflectir cambios nas nosas prácticas sobre a información persoal. Publicaremos un aviso destacado no Sitio para notificarche calquera cambio significativo na nosa política e indicaremos na parte superior da política cando se actualizou por última vez. Para ver as versións anteriores da política de privacidade preme aquí.