A Fundación Amancio Ortega persigue coas súas accións o apoio a unha sociedade con mellores oportunidades para todas as persoas, contribuíndo á creación de tecido social dende o crecemento individual e favorecendo o acceso a situacións de maior benestar, especialmente aos máis vulnerables.

Nesta tarefa, a Fundación Amancio Ortega quere contribuír na Axenda 2030 no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nos ámbitos nos que desenvolve a súa actividade. En coherencia coa súa misión, a Fundación oriéntase ás metas recollidas na Declaración de Nacións Unidas que afectan directamente ao eixo das persoas.

O conxunto dos artigos da Declaración dos ODS, aprobado por todos os países, recolle o carácter universal deste reto, que necesita o compromiso de todos para beneficiar tamén a todos. A Fundación Amancio Ortega asume a súa parte neste reto centrando as súas accións de xeito prioritario no marco de seis ODS:

  • Obxectivo 1: Fin da Pobreza
  • Obxectivo 2: Fame Cero
  • Obxectivo 3: Saúde e Benestar
  • Obxectivo 4: Educación de Calidade
  • Obxectivo 9: Industria, Innovación e Infraestruturas
  • Obxectivo 17: Alianzas para Lograr os Obxectivos