A Fundación Amancio Ortega creouse como unha institución sen ánimo de lucro que xestiona e desenvolve proxectos de acordo á liña de actuación e estratexia determinada polo seu padroado. Esta estratexia está especificada na asignación de recursos, capital, traballo e coñecemento a cada unha das actividades que decida promocionar. A xestión e o desenvolvemento das súas accións están marcadas por un tempo definido que consta de varias etapas:

  1. Procura, selección e identificación de proxectos
  2. Definición de metas, obxectivos e actividades
  3. Execución, seguimento e control