A Fundación Amancio Ortega Gaona iniciou a súa actividade en 2001 como unha iniciativa persoal do seu fundador, dirixida a canalizar a súa inquedanza filantrópica e a da súa familia. Os seus valores persoais e o seu estilo de xestión son a principal fonte de inspiración, tanto na estratexia como no día a día da institución.