A Fundación Amancio Ortega Gaona iniciou a súa actividade en 2001 como unha iniciativa persoal do seu fundador, dirixida a canalizar a súa inquedanza filantrópica e a da súa familia. Os seus valores persoais e o seu estilo de xestión son a principal fonte de inspiración, tanto na estratexia como no día a día da institución.

SOLIDARIEDADE
SOLIDARIEDADE
A Fundación Amancio Ortega Gaona cree nunha sociedade que aspira á extensión do benestar e unha vida de calidade para todos, en especial mediante a xeración de oportunidades para aqueles que conviven con situacións de maior vulnerabilidade.
COMPRENSIÓN
COMPRENSIÓN
Recoñecemos as necesidades, ilusións e aspiracións que xorden en calquera contexto e dende calquera experiencia individual, sempre dende a base dos valores sociais compartidos.
COMPROMISO
COMPROMISO
A Fundación relaciónase cos demais compartindo o esforzo, a constancia e a determinación por conseguir os seus obxectivos.
LABORIOSIDADE
LABORIOSIDADE
Tenacidade, entusiasmo e firmeza son actitudes esenciais que deben acompañar o desenvolvemento de calquera tarefa.
AUTENTICIDADE
AUTENTICIDADE
Queremos ofrecer á sociedade o mellor de nós mesmos e asumimos as nosas limitacións con honradez.
FIDELIDADE
FIDELIDADE
Aos nosos principios, aos nosos obxectivos e ás persoas, compatible coa capacidade para innovar de acordo coas necesidades que impón o entorno social na busca de novas oportunidades de contribución á sociedade.
Voltar a parte superior da páxina