A Fundación Amancio Ortega pretende reforzar coas súas iniciativas os máis sólidos vínculos sociais, aqueles que dan valor ao traballo e á experiencia contrastada a través dos anos.

Desde o convencemento de que a constancia e o esforzo facilitan o desenvolvemento das sociedades, a Fundación Amancio Ortega alenta plans e proxectos na área educativa e na área social, coa intención de contribuír ao avance nos aspectos fundamentais dunha sociedade integral.

Inspirada polos principios de compromiso e fidelidade, e consciente de que non existen solucións definitivas, a Fundación Amancio Ortega ofrece accións concretas que signifiquen un paso adiante na historia individual de todos os que formamos parte da sociedade actual.

Sinatura Amancio Ortega

Amancio Ortega Gaona

Presidente Fundador