Artigo 1
Denominación e naturaleza

Ao amparo do dereito recoñecido no artigo 34.1 da Constitución Española e de acordo co Artigo 27-26 do Estatuto de Autonomía para Galicia, constitúese a "FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA", sen ánimo de lucro, cuxo patrimonio se acha afectado de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral propios da Institución.

Artigo 2
Personalidade e capacidade

A Fundación constituída, unha vez inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, con suxeición ao establecido no ordenamento xurídico.

Artigo 3
Réxime xurídico

A Fundación rexerase pola vontade do Fundador, manifestada nestes Estatutos e na escritura fundacional, pola normativa de Galicia sobre as Fundacións de Interese Galego e, no que resulte aplicable, pola estatal sobre Fundacións e Incentivos Fiscais Actividades de Interese Xeral.

Artigo 4
Domicilio
  1. O domicilio da Fundación radicará na Avenida da Deputación, Arteixo, A Coruña.
  2. O Padroado poderá cambiar de domicilio, con inmediata comunicación ao Protectorado, na forma prevista na normativa sobre fundacións.
Artigo 5
Ámbito de actuación

O ámbito territorial no que a Fundación desenvolverá as súas actividades non se limita ao da Comunidade Autónoma de Galicia senón que se estende a todo o Estado español e ao estranxeiro.

Artigo 6
Obxecto e finalidade
  1. A "FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA" ten xenericamente por obxecto a promoción, fomento, desenvolvemento, execución e financiamento de todo tipo de actividades que coadxuven á difusión e extensión da cultura, da educación, da investigación, da acción social e asistencial e da ciencia en calquera das súas manifestacións.
  2. No desenvolvemento deste obxecto, a Fundación poderá levar a cabo as seguintes actividades:
    1. A investigación e o estudo, tanto na súa fase especulativa como na da técnica aplicada, de todas as ciencias, as letras e as artes.
    2. A investigación e o fomento de cantos medios contribúan a mellorar a formación laboral, profesional e empresarial para o desenvolvemento da industria e do comercio, así como a promover novas vocacións empresariais.
    3. A investigación e o fomento de novas tecnoloxías e a súa aplicación ao mundo industrial e comercial.
    4. A cooperación con calquera persoas, organizacións e institucións que destaquen pola súa contribución ao logro dos fins propios da fundación.
    5. A concesión de bolsas, bolsas de estudo e calquera outra axuda económica similar para a promoción de estudos e actividades relacionados co obxecto fundacional, esencialmente en favor de persoas, organizacións e institucións con insuficiencia de medios económicos pero con dotes intelectuais destacadas.
    6. A concesión de premios ás persoas, organizacións e institucións que teñan destacado no mundo da cultura e da ciencia.
    7. A organización de cursos, conferencias, congresos, sesións de estudo e de investigación e outros actos similares sobre temas relacionados o obxecto fundacional.
    8. A edición e divulgación de toda clase de publicacións relacionadas co cumprimento do obxecto fundacional.
    9. Calquera outros medios que permitan á fundación ou mellor cumprimento dos seus fins, tendo en conta que o Padroado, atendidas as circunstancias de cada época, tempo e lugar, poderá desenvolver, con plena liberdade de elección dentro dos fins e o interese da fundación, as actividades mencionadas ou aquelas outras que, directa ou indirectamente, se relacionen cos principios e o espírito que inspiran a fundación.
  3. A anterior enunciación das actividades da fundación, ademais de non ter carácter limitativo, non entraña obrigatoriedade de atender todas nin orde de prelación entre elas.
Artigo 7
Destino de rendas e ingresos

O Padroado, respectando os límites que estableza a lexislación aplicable en cada momento, determinará a porcentaxe das rendas, ou outros calquera ingresos netos da Fundación, que se destinarán á realización dos fins fundacionais, debendo aplicarse o resto, deducidos os gastos de administración, a incrementar a dotación fundacional.

Artigo 8
Selección de beneficiarios
  1. Poden ser beneficiarios da Fundación calquera persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras.
  2. A Fundación dará información pública suficiente dos seus fins e actividades, de modo que poidan ser coñecidos polos posibles beneficiarios e demais interesados.
  3. A designación dos beneficiarios concretos efectuarase polo Padroado, ou por quen este delegue, valorando a concorrencia en cada posible beneficiario dos principios de mérito e capacidade, apreciados con criterios de imparcialidade, obxectividade e non discriminación.
  4. Ninguén poderá alegar nin individual nin colectivamente ante a Fundación, dereito algún ao goce dos seus beneficios, nin impoñer a súa atribución a persoas determinadas.
Artigo 9
Natureza do Padroado

O Padroado, respectando os límites que estableza a lexislación aplicable en cada momento, determinará a porcentaxe das rendas, ou outros calquera ingresos netos da Fundación, que se destinarán á realización dos fins fundacionais, debendo aplicarse o resto, deducidos os gastos de administración, a incrementar a dotación fundacional.

Artigo 10
Composición do Padroado e duración do mandato
  1. O Padroado estará composto por un mínimo de cinco membros.
  2. O fundador será membro nato e vitalicio do Padroado e poderá nomear outros patróns, vitalicios ou por prazo determinado.
  3. Calquera outras persoas designadas para integrar o Padroado terán a condición de patróns electivos e exercerán o seu mandato por un período de cinco anos, podendo ser reelixidos.
  4. O primeiro Padroado empezará a exercer as súas funcións desde o momento mesmo da aceptación dos cargos polos seus titulares, quen poderán ser designados por un período de tempo inferior a cinco anos de forma que se prevea a renovación do órgano por metade aos tres anos da súa constitución.
Artigo 11
Nomeamento de novo cargo de patrón e substitución
  1. Sen prexuízo da facultade recoñecida ao Fundador no Artigo anterior, os sucesivos membros do Padroado serán designados por este a proposta do seu presidente ou de dúas terzas partes dos seus membros, mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos asistentes sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
  2. Producida unha vacante, o Padroado reunirase no prazo máximo de trinta días para designar a persoa que ocupe a mesma ou para amortizar a praza vacante, o cal requirirá acordo adoptado co mesmo quórum previsto no apartado anterior.
Artigo 12
Cesamento, suspensión e renuncia de patróns
  1. O cesamento e a suspensión dos patróns da Fundación producirase polas causas establecidas na normativa reguladora das fundacións e, ademais, agás no caso dos patróns natos e dos vitalicios, polo cumprimento da idade de 68 anos. O fundador ou o Padroado mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número dos seus membros, poderán acordar a suspensión ou o cesamento dos patróns electivos sen necesidade de invocar outro motivo que o interese da Fundación.
  2. A renuncia será efectiva desde que se notifique ao Padroado e deberá facerse na forma prevista para a aceptación do cargo de patrón.
Artigo 13
Organización do Padroado

Son cargos necesarios do Padroado os de Presidente e Secretario, podendo existir un ou máis Vicepresidentes e un Vicesecretaio.

Artigo 14
O Presidente
  1. Corresponde ao Presidente do Padroado a máis alta representación da Fundación, así como o exercicio das funcións que lle recoñece a normativa sobre fundacións e, en concreto, das seguintes:
    1. Convoca as reunións do Padroado.
    2. Preside as reunións e dirixe as deliberacións, concedendo ou denegando o uso da palabra e decidindo os empates que se produzan con voto de calidade.
    3. Executa ou ordena executar os acordos, podendo para isto realizar toda clase de actos e asinar aqueles documentos, públicos ou privados, necesarios a tal fin.
    4. Ostenta a representación institucional da Fundación ante toda clase de persoas, entidades, autoridades, Organismos e Administracións Públicas.
    5. En xeral, dirixe a Fundación, adoptando cantas medidas estime pertinentes para que se poidan cumprir os fins que ten asignados.
    6. Calquera outra facultade recoñecida nestes estatutos.
  2. O fundador ostentará a presidencia da Fundación con carácter vitalicio, podendo designar o seu sucesor, no seu caso co mesmo carácter vitalicio, por escritura pública ou calquera forma de testar. Agás que outra cousa se tivese disposto no seu nomeamento, os Presidentes nomeados con carácter vitalicio terán idéntica facultade de designar o seu sucesor, no seu caso co mesmo carácter vitalicio, sempre por escritura pública ou calquera forma de testar. Se o fundador ou os sucesivos Presidentes vitalicios do Padroado renunciasen á presidencia, poderán seguir mantendo a sua calidade de patróns con carácter vitalicio ou polo prazo polo que houberan sido nomeados.
  3. Se non se cumprira a previsión contida no apartado anterior de modo que o Presidente falecese sen ter designado un sucesor, o Padroado reunirase no prazo máximo de trinta días e designará un novo Presidente mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
Artigo 15
Os Vicepresidentes
  1. Poderán nomearse un ou máis Vicepresidentes (numerados ordinalmente).
  2. Serán Vicepresidentes as persoas que, no seu caso, designe o fundador ou no seu defecto o Padroado de entre os seus membros mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
  3. Corresponde aos Vicepresidentes, pola súa orde, ou, no seu defecto, ao membro do Padroado de máis idade, realizar as función do Presidente no caso de estar vacante o cargo e nos de ausencia ou enfermidade do seu titular, así como calquera outras que determine o Padroado. Se falecer o Presidente sen designar un sucesor segundo o previsto no artigo 14, e até que se cubra o cargo, o Vicepresidente que por orde corresponda asumirá a Presidencia do Padroado.
Artigo 16
O Secretario
  1. O Secretario poderá ter ou non a condición de patrón, tendo neste último caso voz pero non voto e será designado polo fundador ou no seu defecto polo Padroado mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
  2. Corresponde ao Secretario custodiar a documentación pertencente á Fundación, levantar as actas correspondentes ás reunións do Padroado, expedir as certificacións e informes que sexan necesarios e aquelas outras funcións previstas nestes estatutos ou que expresamente se lle deleguen. Nos casos de enfermidade, ausencia ou vacante, fará as funcións de Secretario o membro do Padroado de menos idade, ou o que devandito órgano designe ao efecto.
Artigo 17
O Director Xeral

A xerencia e administración da Fundación corresponden ao Director Xeral, nomeado polo Padroado, que lle outorgará poder suficiente para o exercicio das funcións propias do seu cargo.

Artigo 18
Facultades do Padroado
  1. Ao Padroado, como órgano de goberno e representación da Fundación, correspóndelle cumprir os fins fundacionais e administrar os bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación mantendo plenamente o rendemento e utilidade dos mesmos nos termos establecidos na normativa sobre fundacións.
  2. Na súa actuación o Padroado deberá axustarse á vontade do fundador manifestada nestes Estatutos e ao preceptuado na lexislación vixente.
  3. No exercicio de tales funcións, ademais do disposto noutros artigos destes estatutos e sen perxuízo de realizar, no seu caso, as preceptivas comunicacións ou solicitudes de autorización ao Protectorado, ostenta, a título meramente enunciativo, as seguintes atribucións e facultades:
    1. A administración, alleamento e gravame dos bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación, garantindo o destino efectivo do patrimonio e das súas rendas aos fins fundacionais.
    2. A alta inspección, vixilancia e orientación do labor da Fundación, formulando os plans de xestión e os programas periódicos de actuación da mesma.
    3. A constitución e designación de un ou máis Comités especiais ou asesores, coa composición e facultades que xulgue convenientes.
    4. A interpretación, desenvolvemento e modificación no seu caso dos presentes estatutos, con arranxo ao procedemento legalmente establecido e procurando en todo caso o mellor cumprimento da vontade fundacional.
    5. A elaboración e aprobación da documentación orzamentaria, financeira e contable esixida pola lexislación vixente e a súa presentación ao Protectorado dentro dos prazos regulamentarios.
    6. O nomeamento, separación e retribución do persoal directivo, técnico, administrativo e subalterno da Fundación, a determinación dos seus dereitos, responsabilidades e obrigacións e o exercicio da potestade disciplinaria.
    7. A determinación dos criterios xerais para a distribución e aplicación dos fondos dispoñibles entre as finalidades da Fundación.
    8. A fixación e adxudicación das prestacións fundacionais e a selección dos concretos beneficiarios.
    9. O exercicio dos dereitos de carácter político e económico que correspondan á Fundación como titular de accións, participacións e demais valores da súa pertenza e, en tal sentido, concorrer, deliberar e votar, no sentido máis favorable ao cumprimento da vontade fundacional, mediante a representación que acorde, nas Xuntas Xerais e demais órganos das respectivas sociedades ou entidades emisoras, facendo uso das facultades xurídicas atribuídas ao respectivo titular, concertando, outorgando e subscribindo os actos, contratos, convenios, proposicións e documentos que xulgue convenientes.
    10. A representación da Fundación e, en consecuencia, comparecer e actuar no seu nome ante toda clase de persoas, autoridades, Organismos e Administracións Públicas, formulando pretensións, incoando e seguindo expedientes e interpoñendo reclamacións e recursos, así como igualmente ante toda clase de Xulgados e Tribunais de calquera xurisdición, tanto activa como pasivamente, exercitando todo tipo de pretensións, accións, excepcións e recursos, ou desistindo deles, xa directamente, xa por medio de avogados e procuradores aos que poderá conferir os oportunos poderes; transixir e someter a arbitraxe os intereses xudiciais e extraxudiciais da Fundación.
    11. A realización de toda clase de actos e operacións propios da xestión económica e financeira da Fundación e, entre eles: abrir e cancelar contas correntes, de crédito e de aforro ou depósitos en calquera entidade de crédito e aforro facendo todo canto a lexislación e a práctica bancaria permitan. Dar e tomar diñeiro a préstamo ou crédito, librar, aceptar, endosar, intervir e protestar letras de cambio e demais documentos de xiro e tráfico; en xeneral, reclamar e realizar pagamentos e cobros de calquera cantidades e determinar o investimento dos fondos dispoñibles da Fundación; constituír fianzas e garantías mediante aval ou por calquera outro medio admitido en dereito.
    12. A delegación das súas facultades en un ou máis dos seus membros, agás as legalmente indelegables e o nomeamento de apoderados xerais ou especiais, así como a modificación ou revogación das delegacións e apoderamentos conferidos. A designación, en cada caso, do patrón ou patróns que teña de proceder á execución dos acordos adoptados.
    13. O outorgamento e sinatura de todos os documentos públicos e privados que esixa o exercicio de calquera das facultades anteriores.
  4. En todo caso, as atribucións e facultades anteriormente relacionadas non implican limitación ou substitución das competencias que a normativa sobre fundacións atribúe ao Protectorado, especialmente en canto ás autorizacións que sexan preceptivas ás que a Fundación expresamente se somete.
Artigo 19
Convocatoria e quórum das reunións do Padroado
  1. O Padroado reunirase polo menos dúas veces ao ano e, ademais, tantas veces como o requira o interese da Fundación, previa convocatoria do Presidente, por propia iniciativa ou a instancia das metades mais un dos seus membros. A reunión poderá celebrarse en calquera lugar de España ou do estranxeiro.
  2. A convocatoria conterá a orde do día así como o lugar, día e hora de celebración da reunión e farase chegar por escrito a cada un dos membros con tres días hábiles, polo menos, de antelación á data da súa celebración. En caso de urxencia expresamente declarada no escrito de convocatoria poderá reducirse este prazo.
  3. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, non será precisa convocatoria previa e o Padroado quedará validamente constituído para tratar calquera asunto cando se encontren presentes todos os patróns e acorden por unanimidade a celebración da reunión e a orde do día correspondente.
Artigo 20
Forma de deliberar e adoptar acordos
  1. As reunións do Padroado entenderanse validamente constituídas cando concorran a elas, presentes ou representados, na forma legalmente establecida, polo menos a metade mais un dos seus membros.
  2. Agás aqueles supostos en que a normativa sobre fundacións ou estes estatutos requiren un quórum cualificado, os acordos adoptaranse por maioría dos asistentes, e será diriminte en caso de empate o voto do seu presidente.
  3. As deliberacións substanciais das reunións do Padroado e os acordos adoptados faranse constar en actas estendidas no correspondente libro e serán asinadas por quen tivesen actuado como Presidente e Secretario.
  4. As actas poderán ser aprobadas na mesma ou na seguinte reunión do Padroado. As certificacións de tales actas e dos acordos do Padroado serán expedidas polo Secretario co visto e prace do Presidente o, no seu caso, por quen os substitúan.
  5. Se o Padroado non designar quen dos seus compoñentes han de executar os seus acordos, entenderase que a execución corresponde ao seu Presidente.
  6. O Secretario, aínda que non teña a condición de Patrón, terá a facultade de elevar a instrumento público os acordos do Padroado
Artigo 21
Responsabilidade e gratuidade do cargo de Patrón
  1. Entre outras, son obrigacións dos Patróns facer que se cumpran os fins da Fundación, concorrer ás reunións ás que sexan convocados, desempeñar o cargo coa dilixencia dun representante leal, manter en bo estado de conservación e produción o patrimonio da Fundación e cumprir nas súas actuacións co determinado nas disposicións legais vixentes e nos presentes Estatutos.
  2. Os patróns responderán solidariamente fronte á fundación dos danos e prexuízos que causen por actos contrarios á Lei ou aos Estatutos ou polos realizados sen a dilixencia coa que deban desempeñar o cargo. Quedarán exentos de responsabilidade quen teñan votado en contra do acordo e quen proben que, non tendo intervido na súa adopción e execución, descoñecían a súa existencia ou, coñecéndoa, fixeron todo o conveniente para evitar o dano o, polo menos, opuxéronse expresamente a aquel.'
  3. Os patróns exercerán o seu cargo gratuitamente sen que poidan percibir retribución polo desempeño da súa función, sen perxuízo do seu dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función lles ocasione.
Artigo 22
Denominación e naturaleza
  1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por toda clase de bens e dereitos susceptibles de valoración económica, radicados en calquera punto do territorio nacional ou do estranxeiro. A súa adquisición, administración e disposición corresponde ao Padroado de acordo cos presentes estatutos e con suxeición ao disposto na normativa sobre fundacións.
  2. Todos os bens e dereitos da fundación deberán figurar ao seu nome, constar nos seus inventarios e, os que sexan susceptibles de inscrición, inscribirse nos rexistros correspondentes, consignando en todo caso os datos e circunstancias precisos para a súa identificación e descrición. Os fondos públicos e valores depositaranse ao nome da Fundación nos establecementos financeiros que designe o Padroado.
Artigo 23
Criterios de administración do patrimonio fundacional
  1. O Padroado poderá realizar a adquisición de bens tanto a título oneroso como gratuíto, sen outras limitacións que as establecidas na normativa sobre fundacións e nestes estatutos. En particular, o efectivo da Fundación poderá ser investido nos bens e dereitos que o Padroado acorde.
  2. O Padroado poderá dispoñer dos bens da fundación a título gratuíto, só para o cumprimento directo dos fins fundacionais e previo acordo adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos membros asistentes sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número dos seus membros.
  3. O alleamento a título oneroso dos bens inmobles da Fundación destinados con carácter permanente ao cumprimento directo dos seus fines poderá realizarse previo acordo do Padroado adoptado coa maioría prevista no parágrafo anterior.
  4. O patrimonio da fundación será administrado da forma máis adecuada para a obtención dos rendementos que permitan realizar os investimentos necesarios para o cumprimento da vontade fundacional, procurando o mantemento da integridade do patrimonio inicial e das sucesivas achegas.
  5. O Padroado poderá, en todo momento e cantas veces sexa preciso, a teor do que aconsellen as circunstancias económicas concorrentes, efectuar as modificacións que estime necesarias ou convenientes nos investimentos do patrimonio fundacional, previo cumprimento dos requisitos que en cada caso sexan procedentes.
  6. En particular, cando as entidades titulares de valores que integren o patrimonio fundacional aumenten o seu capital social atribuíndo aos partícipes dereitos de subscrición preferente, a Fundación, con obxecto de manter a integridade e o valor real do seu patrimonio, subscribirá os valores representativos do aumento, de non mediar causas excepcionais apreciadas expresamente en acordo do Padroado adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos membros asistentes sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número dos seus membros.
Artigo 24
Adscrición do patrimonio fundacional
  1. Os bens e dereitos que conforman o patrimonio, así como as rendas que produzan na porcentaxe que estableza a lexislación vixente, quedarán afectos e adscritos dunha maneira directa e inmediata, sen interposición de persoa, autoridade ou organismo algún, ao cumprimento dos fins da Fundación.
  2. A adscrición do patrimonio fundacional á realización dos fins fundacionais ten carácter común e indiviso, sen asignación de partes ou cotas, iguais ou desiguais, do patrimonio e rendas fundacionais a cada un deles. En consecuencia, a fundación non poderá ser obrigada a dividir ou distribuír o seu patrimonio ou rendas entre os distintos obxectivos que persegue, nin a aplicalos a un ou varios determinados.
Artigo 25
Do Financiamento

A Fundación, para o desenvolvemento das súas actividades, financiarase cos recursos que proveñan de:

    1. A dotación fundacional e as achegas que se realicen.
    2. Os rendementos do seu patrimonio.
    3. O produto da venda dos bens propios.
    4. As cantidades que poida percibir polas actividades e servizos prestados aos seus beneficiarios, na forma e cos requisitos e limitacións establecidos na normativa sobre fundacións.
    5. As doazóns, herdanzas, legados e calquera outra disposición intervivos ou mortis causa que reciba.
    6. As axudas e subvencións de calquera natureza que poida percibir.
    7. Calquera outros bens ou dereitos e, en xeral, calquera outros recursos que a Fundación poida procurarse como titular do seu patrimonio de conformidade co ordenamento xurídico.
Artigo 26
Xestión Económico - Financeira.
  1. A xestión económico-financeira da Fundación respectará os principios e criterios xerais establecidos na lexislación aplicable e axustarase estritamente ao disposto na vixente normativa sobre fundacións.
  2. En consecuencia, a Fundación levará aqueles libros que sexan obrigatorios e os que considere convenientes para a orde e bo desenvolvemento das súas actividades, así como para o adecuado control da súa contabilidade, de modo que esta documentación reflicta en todo momento, con claridade e exactitude, a situación económica, financeira e patrimonial da Fundación, o desenvolvemento das súas actividades e o grao de cumprimento dos fins fundacionais.
Artigo 27
Plan de actuación e contas anuais
  1. O Padroado elaborará e remitirá ao Protectorado, nos últimos tres meses de cada exercicio, un plan de actuación, no que queden reflectidos os obxectivos, as actividades que prevexa desenvolver durante o exercicio seguinte, unha previsión das partidas de ingresos e gastos calculados e unha memoria explicativa do referido plan de actuación.
  2. Concluído cada exercicio económico, as contas anuais serán formuladas polo Director Xeral e aprobadas polo Padroado dentro do prazo establecido pola vixente normativa sobre fundacións.
  3. En todo caso, a documentación citada elaborarase con suxeición ao disposto na normativa sobre fundacións e remitirase ao Protectorado cando así o esixa dita normativa e no prazo por esta establecido.
  4. Someteranse, no seu caso, a auditoría externa as contas da Fundación, nos supostos e coa periodicidade que a normativa vixente sinale.
Artigo 28
Exercicio económico
  1. O exercicio económico da Fundación iniciarase o 1 de xaneiro e rematará o 31 de decembro de cada ano.
Artigo 29
Modificación dos estatutos. Fusión e escisión da fundación
  1. A modificación dos estatutos fundacionais requirirá, ademais do cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente sobre fundacións, o acordo do Padroado adoptado co voto favorable do Presidente, mentres o sexa o Fundador, e o das dúas terzas partes dos membros asistentes sempre que, ademais, supoñan a maioría absoluta do número dos seus membros.
  2. A fusión e escisión da Fundación, ademais do previo cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente sobre fundacións, requirirá:
    1. A tramitación dun expediente no que se acredite suficientemente que a fusión ou escisión é conveniente para o mellor cumprimento da vontade do fundador e dos fins fundacionais.
    2. O acordo do Padroado, adoptado co voto favorable do Presidente, mentres o sexa o Fundador, e o das dúas terzas partes dos membros asistentes sempre que, ademais, supoñan a maioría absoluta do número dos seus membros.
Artigo 30
Extinción

A Fundación extinguirase polas causas e previo cumprimento dos requisitos establecidos na vixente normativa sobre fundacións. O acordo do Padroado deberá ser adoptado, en todo caso, co voto favorable do Presidente, mentres o sexa o Fundador, e o das tres cuartas partes dos membros asistentes sempre que, ademais, supoñan a maioría absoluta do número dos seus membros.

Artigo 31
Liquidación e adxudicación do patrimonio

En caso de extinción da Fundación, darase aos bens fundacionais o destino que o Padroado determine de acordo co establecido na normativa vixente sobre fundacións. as entidades destinatarias dos bens deberán ser algunhas das mencionadas no artigo 3,6º, primeiro parágrafo, da Lei 49/2002.

Voltar a parte superior da páxina