Aviso Legal

1. Información legal e aceptación.

As presentes disposicións regulan o uso do servizo da web (en adiante, a “Web”) que FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA, (en adiante, FAO) pon a disposición dos usuarios de Internet. FAO ten o domicilio social en Cantón Grande nº 4, 15003 – La Coruña e C.I.F. número G-15.797.277.

A utilización da Web atribúe a condición de usuario da Web (en adiante, o “Usuario”) e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal. A prestación do servizo da Web ten unha duración limitada ao momento no que o Usuario se encontre conectado á Web ou a algún dos servizos que a través do mesmo se facilitan. Polo tanto, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións nas que se propoña utilizar a Web, xa que as condicións de uso recollidas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.

2. Obxecto.

O Obxecto das presentes disposicións é regular o uso que poden realizar os Usuarios da Web de FAO que actualmente se encontra na URL https://www.faortega.org, sen prexuízo de que certos servizos ou contidos dentro da Web se sometan ás súas propias condicións particulares, regulamentos e instrucións que, no seu caso, substitúen, complementan e/ou modifican o presente Aviso Legal e que deberán ser aceptadas polo Usuario antes de iniciarse a prestación do servizo correspondente.

3. Acceso.

O acceso e o uso da Web ten carácter gratuíto para os Usuarios (salvo no relativo ao custo de conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polos Usuarios) e non esixe o rexistro previo do Usuario con carácter xeral. Non obstante, o acceso e uso de determinadas informacións e servizos ofrecidos a través da Web só poden facerse previo rexistro do Usuario.

No caso do rexistro de Usuarios a través de identificadores e contrasinais, tanto o identificador como o contrasinal pertencerán exclusivamente á persoa á que se lle conceden. O Usuario deberá manter baixo a súa exclusiva responsabilidade tanto o identificador como o contrasinal na máis estrita e absoluta confidencialidade, asumindo, por tanto, cantos danos ou consecuencias de todo tipo se deriven do quebrantamento ou revelación do segredo.

4. Propiedade intelectual e industrial.

Todos os contidos da Web, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, fotografías, software, ligazóns e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico, códigos fonte, estruturas de navegación e demais servizos ou produtos telemáticos integrados na Web (en adiante, os “contidos”) son propiedade exclusiva de FAO ou de terceiros, sen que podan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos, salvo aqueles que resulten estritamente necesarios para o uso da Web, polo que o Usuario se compromete a non infrinxir ningún dereito derivado da propiedade intelectual ou industrial, quedando expresamente prohibida a reprodución total ou parcial dos mesmos, a súa comunicación pública, distribución o calquera forma de explotación, salvo consentimento expreso e por escrito por parte de FAO. O Usuario comprométese a utilizar dita información e servizos exclusivamente para as súas propias necesidades e a non realizar directa ou indirectamente unha explotación comercial dos servizos aos que ten acceso ou dos resultados obtidos grazas á utilización da Web, salvo que teña obtido consentimento expreso de FAO. O Usuario obrígase a non utilizar as facilidades e capacidades da Web para realizar ou suxerir actividades prohibidas pola lei ou para tentar atraer os Usuarios cara a outros servizos competidores.

As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade de FAO ou de terceiros, e están protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade industrial, sen que poda entenderse que o acceso á Web atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos.

5. Condicións xerais de uso.

5.1 Xeral

O Usuario obrígase a facer un uso correcto da Web de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, respondendo fronte a FAO ou fronte a terceiros de calquera dano ou prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento de dita obriga.

FAO resérvase o dereito de bloquear o acceso dos Usuarios que fagan un uso da Web contrario á Lei ou ás condicións do presente Aviso Legal, podendo anular ou bloquear, no seu caso, o identificador e contrasinal dos Usuarios rexistrados.

Queda expresamente prohibido o uso da Web con fins lesivos de bens ou intereses de FAO ou de terceiros ou que de calquera outra forma sobrecarguen, danen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) de FAO ou de terceiros.

5.2 Contidos

O Usuario comprométese a utilizar os contidos de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que no seu caso puidesen ser de aplicación de conformidade co disposto na cláusula 2. Con carácter meramente enunciativo, o usuario de acordo coa lexislación vixente deberá absterse de:

- Reproducir, copiar, distribuír, por a disposición, comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos salvo nos casos autorizados na Lei ou expresamente consentidos por FAO ou por quen ostente a titularidade dos dereitos de explotación no seu caso.

- Reproducir ou copiar para uso privado os contidos que poden ser considerados como Software ou Base de Datos de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, así como a súa comunicación pública ou posta a disposición de terceiros cando estes actos impliquen necesariamente a reprodución por parte do Usuario ou dun terceiro.

- Extraer e/ou reutilizar a totalidade ou unha parte substancial dos contidos integrantes da Web así como das bases de datos que FAO poña a disposición dos Usuarios.

5.3 Formularios de recollida de datos.

Sen prexuízo do disposto na cláusula 7 do presente Aviso Legal, así como nas políticas de privacidade accesibles desde a Web e que puidesen resultar aplicables en cada momento, a utilización de certos servizos ou solicitudes dirixidos a FAO están condicionados ao previo cumprimento do rexistro de Usuario.

Toda a información que facilite o Usuario a través dos formularios da Web aos efectos anteriores ou calquera outros deberá ser veraz. A estes efectos, o Usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que facilite e manterá a información facilitada a FAO perfectamente actualizada de forma que responda, en todo momento, á situación real do Usuario. En todo caso será o Usuario o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a FAO ou a terceiros pola información que facilite.

5.4 Introdución de ligazóns á Web.

O Usuario de internet que queira introducir ligazóns desde as súas propias páxinas web á Web deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación sen que o descoñecemento das mesmas evite as responsabilidades derivadas da Lei.

A ligazón poderá vincular a calquera páxina web a excepción de aquelas que incorporen datos persoais, bases de datos ou outra información sometida á normativa sobre protección de datos, mais non poderá reproducila de ningunha forma (inline links, copia dos textos, gráficos, etc.).

Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan a Web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de internet distintos dos da Web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á Web de forma que: (i) produza, ou poda producir, erro, confusión ou engano nos Usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos; (ii) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (iii) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio de FAO; (iv) de calquera outra forma que resulte prohibido pola lexislación vixente.

Non se realizará desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre FAO, os seus socios, empregados ou clientes ou sobre a calidade dos servizos que presta.

En ningún caso se expresará na páxina onde se atope a ligazón que FAO ten prestado o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.

Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo de FAO dentro da páxina do remitente salvo nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados por FAO e sempre que se permita, nestes casos, unha ligazón directa coa Web na forma establecida nesta cláusula.

A páxina que se estableza deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispor ou ligar con contidos propios ou de terceiros que: (i) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (ii) induzan ou podan inducir no Usuario a falsa concepción de que FAO subscribe, sustenta, adhire ou que, de calquera maneira, apoia as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; (iii) resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade de FAO respecto ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.

6. Exclusión de responsabilidade.

6.1 Da información.

O acceso á Web non implica a obriga por parte de FAO de comprobar a veracidade, exactitude, adecuación, idoneidade, exhaustividade e actualidade da información subministrada a través da mesma.

FAO non se responsabiliza das decisións tomadas a partir da información subministrada na Web nin dos danos e prexuízos producidos no usuario ou terceiros con motivo de actuacións que teñan como único fundamento a información obtida na Web.

6.2 Da calidade do servizo.

O acceso á Web non implica a obriga por parte de FAO de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en todo caso, dispor de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.

FAO non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos dos Usuarios ou de terceiros durante la prestación do servizo da Web.

6.3 Da dispoñibilidade do servizo.

O acceso á Web require de servizos e subministros de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa finalidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponde a FAO. Por conseguinte, os servizos providos a través da Web poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultáneo á prestación do servizo da Web.

FAO non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no Usuario a causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo da Web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

FAO poderá realizar as modificacións que estime convenientes na Web, podendo incluír servizos e contidos adicionais aos actuais ou, no seu caso, suprimilos. FAO poderá modificar a Web cando considere oportuno e poderá bloquear o acceso a todos ou parte dos Usuarios da mesma para proceder a realizar modificacións ou as reparacións que considere necesarias en calquera momento. En ningún caso, FAO será responsable do inadecuado funcionamento do sistema se isto obedece a unha defectuosa configuración dos equipos do Usuario ou á súa insuficiente capacidade para soportar os sistemas informáticos indispensables para poder facer uso do servizo.

6.4 Dos contidos e servizos ligados a través da Web.

O servizo de acceso á Web inclúe dispositivos técnicos de ligazón, directorios e incluso instrumentos de procura que permiten ao usuario acceder a outras páxinas e portais de internet (en adiante, “Sitios Ligados”). Nestes casos, FAO actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, de 12 de xullo, de servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) e só será responsable dos contidos e servizos subministrados nos Sitios Ligados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non teña desactivado a ligazón coa dilixencia debida.

No suposto de que o Usuario considere que existe un Sitio Ligado con contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos, contrarios á moral ou inadecuados poderá comunicalo a FAO, sen que en ningún caso esta comunicación implique a obriga de retirar a correspondente ligazón. En ningún caso, a existencia de Sitios Ligados debe presupor a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de FAO coas manifestacións, contidos ou servizos providos.

FAO non coñece os contidos e servizos dos Sitios Ligados e por tanto non se fai responsable dos danos producidos pola ilicitude, falta de calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro ou inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Ligados nin de calquera outro dano que no sexa directamente imputable a FAO.

7. Protección de datos persoais.

O tratamento dos datos persoais do Usuario rexerase de acordo co establecido na política de privacidade de FAO, accesible aquí: POLÍTICA DE PRIVACIDADE

8. Lexislación

O presente Aviso Legal réxese pola Lei española.